Lugo, a 29 de outubro de 2008.- O GPPP acusou ó deputado delegado de Vías e Obras de tentar camuflar a súa neglixencia e a súa ineficaz xestión na área da súa compentecia coa súa obstinación por mirar sempre hacia atrás e botandolle a culpa ós demais.
Os populares insisten en que Manuel Martínez ten que asumir as súas responsabilices e deixarse de buscar excusas que o único que fan e poñer en cuestión a súa capacidade para dirixir un departamento da relevancia de Vías e Obras.
Para o GPPP, o Sr. Martínez debería empezar por explicar por qué razón mantivo gardadas nun caixón durante seis meses as obras do POS do ano 2005 que onte sacou a colación no pleno a raiz dunha pregunta formulada precisamente pola data de adxudicación dunha delas,
Dende o PP indican que as obras mencionadas, relacionadas con estradas ubicadas nos concellos de Lugo, Sarria e Vilalba, despois de que a Deputación optara por facelas pola vía da expropiación na vez de chegar a un acordo con veciños afectados, tardaran máis de seis meses en chegar ó xulgado de expropiacións.
Así, en concreto, na obra 96/2005, correspondente ó concello de Lugo, non chegou ó xulgado ata xaneiro deste ano. A 99/2005, en Sarria, ata o 20 de decembro do pasado ano. Nesta obra hai que poñer de manifesto ademais que dende o 7 de maio de 2007, data na que entrou un escrito da empresa na que solicitaba a revisión do custo da obra, ata o 2 de xuño deste ano non se moveu nin un só papel no que atinxe á tramitación administrava da obra.
No que atinxe á obra de Vilalba 102/2005, o expediente de expropiación non chegou ó xulgado ata o 18 de outubro do pasado ano e tras a súa resolución transcurriron seis meses máis ata que se iniciaron os trámites de contratación das obras.
Por este motivo, dende o GPPP, afírmase que o Sr. Martínez non pode responsabilizar ó anterior goberno da Deputación da perda das subvencións que o Estado adicaría a estas obras, que, recalcan, debían estar remantadas o pasado 16 de setembro. Instano a explicar tamén por que razón ata principios do pasado mes de xuño e dende que o Goberno provincial tomou posesión non se realizou ningún trámite encamiñado a proceder á contratación das referidas obras.
Os populares consideran que, si o Sr. Martínez está a facer as cousas tan ben como di, non hai motivo para que no pleno de onte evidenciase de xeito tan claro o seu enfado e que provocou incluso que fose chamado ó orde polo propio Presidente.
Dende o GPPP achacan a demora da que son obxecto a toma de decisións importantes na área de Vías e Obras ó feito de que o seu responsable adicou moitos meses a mover ó persoal o seu cargo na vez poñerse a traballar.