Partido Popular de Lugo

O PP PRESENTOU UNHA VEINTENA DE ENMENDAS ÓS PXE DO 2009 POR IMPORTE DE 20 MILLÓNS DE EUROS

Lugo, a 27 de outubro de 2008.- O Presidente do PP de Lugo José Manuel Barreiro e os deputados nacionais Joaquín García e Raquel Arias explicaron hoxe as enmendas que presentaron os Presupostos Xerais do Estado de 2009.

Segundo indicaron os populares, á veintena de enmendas específicas para diferentes actuacións na provincia, que cuantificaron nuns 20 millóns de euros, hai que engadirlle as que fan referencia ós tramos das autovías e o AVE que afectan a esta provincia que se engloban noutras máis xenéricas e que ascenden a 255 millóns de euros máis.

MINISTERIO DE FOMENTO.- Así, no que atinxe as enmendas presentadas para a provincia, faise referencia á N-540. Nova ponte sobre o río Miño (1,5 KM.) por importe de catro millóns de euros.  

Convenio concello Lugo Garabolos-Tolda, cun importe de 500.000 euros, que se destinaría ó encargo dos estudios e proxectos necesarios para a realización de obras no tramo da N–VI ó seu paso polo municipio de Lugo, entre A Tolda e Garabolos, de cara a conseguir un trazado similar ó que actualmente se está a executar entre Nadela e A Tolda de Castilla.

Para a A-6 – Acondicionamento Nadela-Tolda de Castilla (4,1 KM.)  por importe de 50.000 euros. Trátase de incrementar a partida presupuestaria para a realización de obras de urbanización no tramo antigo da N-VI ó seu paso polo núcleo urbano de Nadela, que non están contempladas no proxecto de referencia, propostas no PXOU de Lugo e acordadas por la corporación municipal lucense.

Para a A-76, tramo: Ponferrada-Ourense, propoñen un incremento de 200.000 euros.

Corredor de San Ciprian-Barreiros (Conexión con la A-8) (30 Km.) para o que se pide un incremento de 500.000 euros no investimento. 

Así coma unha actuación no dique Norte do porto de Alcoa por importe de 1.000.000 de euros, que permita iniciar xestións encamiñadas á apertura ó tráfico comercial deste dique ubicado en en San Cibrao.

Convenio con Portos de Galicia para a construcción do novo edificio de Capitanía Marítima en Burela por un importe de 300.000 euros.  

Dentro das grandes infraestructuras contempladas no Plan Galicia, o PP presentou unha batería de enmendas que no que atinxe a provincia de Lugo referinse a:

OBRAS
ENMENDAS
AUMENTAR EN:
Autovía do Cantábrico
60.000.000
Autovía Santiago-Lugo
35.000.000
Autovía Lugo-Ourense
32.000.000
Autovía Chantada-Monforte
12.000.000

 

No que se refiere ó AVE: 

OBRAS

 

ENMENDAS
AUMENTAR EN:
AVE Ourense-Lugo
7.000.000
AVE Cantábrico
3.000.000
AVE Lugo- Coruña
3.000.000
AVE Monforte-Ponferrada
3.000.000

 

 

MINISTERIO DE CULTURA.- Tamén presentaron enmenda para o auditorio e a conservación da muralla de Lugo para que se inclúa actuacións a cargo do denominado 1 por cento cultural.

RENFE OPERADORA.- O PP incluiu dúas enmendas xenéricas para a mellora das infraestructuras do ferrocarril na provincia de Lugo por importe de 4 millóns de euros.

O PP quere que se incremente as frecuencias diarias nos servicios de cercanías na líneas Lugo-Monforte e Lugo-A Coruña. A partida proposta serviría para cubrir os posibles déficits de explotación consecuencia do incremento de frecuencias nos servicios de cercanías existentes na actualidade entre Lugo e Monforte de Lemos, e entre Lugo e A Coruña. Os populares tamén queren que se estableza un servicio diario diurno mediante un Tren Alaris ou similar, na línea Madrid-Lugo-A Coruña.

MINISTERIO DE MEDIOAMBENTE.- Ampliación e mellora do sistema de tratamento de auga de Monforte de Lemos é outra das demandas plantexadas polos populares para o que se solicitan 1.000.000 euros á entidade Aguas na conca do Norte, SA.

Para a ampliación da EDAR de Monforte, a mellora da rede de colectores e restauración hidraulica en zonas de pizarra dos ríos Lor e Quiroga están incluidas nunha enmenda conxunta de 46 millóns de euros baixo o epígrafe de saneamento, depuración e calidade de augas.

Para a recuperación das marxes do río Cabe nos concellos de Monforte, Pantón e Sober están incluidos noutra enmenda conxunta de algo máis de 41 millóns de euros denominada actuación de láminas de auga e abastecemento.

MINISTERIO DO INTERIOR.- O PP tamén pide crear unha partida para dotación material e posta en funcionamiento das Dependencias da Garda Civil do Mar en Viveiro. Poñen de relevancia que existe o edificio e falta material e dotación económica para que poida funcionar.

Asemesmo para cuarteis da Garda Civil e dentro dunha enmenda xenérica de 50 millóns de euros, figuran con prioiridade as obras a realizar no cuartel de A Fonsagrada.

MINISTERIO DE XUSTIZA.- O PP tamén presentou unha enmenda específica para ampliar os fondos e o desenvolvemento da lei de demarcación e planta onde se contemplarán obras de mellora de infraestructuras nos xulgados e a creación de novos xulgados como o demandado para Lugo de Violencia de xénero.