Partido Popular de Lugo

OS POPULARES QUEREN COÑECER A “LISTA DE ESPERA ENCUBERTA” NAS CONSULTAS DO HOSPITAL DA COSTA

A Mariña, 25 de outubro de 2008.- O Partido Popular de Galicia quere coñecer a lista de espera encuberta que existe para o acceso ás consultas dos especialistas no Hospital da Costa toda vez que teñen constatado a existencia dun número importante de persoas que se vén afectadas por unha práctica irregular pola cal permanecen “invisibles ás estatísticas oficiais”.

Os populares explicaron que teñen constancia de que moita xente está pendente de que os servizos de admisión do hospital contacten telefonicamente con eles para indicarlles a data final na que terá lugar a súa consulta. “E nesta situación de espera, poden permanecer varios meses sen que se contabilice a todos os enfermos pendentes”. Deste xeito a Xunta contén as cifras da lista de espera de consultas externas, ao tempo que evita que se dispare a lista cirúrxica, provocando un tapón que atrasa o diagnóstico final.

En opinión do PPdeG esta manipulación fai que os datos oficiais perdan toda credibilidade aos ollos dos pacientes e usuarios do hospital mariñán “que poden sentirse ninguneados e enganados pola Xunta, que maquilla a realidade para ocultar a magnitude real deste problema. E con isto, atrasa a posible solución”.

TRES ÚLTIMOS MESES: O 72% DAS ESPECIALIDADES AUMENTARON A SÚA DEMORA.- En todo caso, os populares explican que, “pese ao alarde de optimismo e propaganda oficial” o certo é que tampouco os datos oficiais son tan positivos como pretenderon vendelos nos últimos días desde a xerencia do hospital. De feito, unha simple comparación das estatísticas que poden consultarse na páxina web do SERGAS pon de relevo que, nos últimos tres meses empeorou a lista de espera en 16 das 22 especialidades, isto é en máis do 72% delas aumentou o tempo de demora. Así por exemplo, dende xuño de 2008 a setembro de 2009 incrementouse en +32 días a lista de espera de rehabilitación, en +28 días a de endocrinoloxía, en +21 días a de nefroloxía, en +18 días a de dermatoloxía, en +16 días as de medicina interna e oftalmoloxía,  15 días máis teñen que esperar os pacientes de neuroloxía que respecto aos datos de xuño de 2008 e, finalmente, en 10 días empeorou a lista de espera de traumatoloxía e uroloxía. Tamén rexistran un empeoramento con respecto a fai tres meses as especialidades de alergoloxía (+3 días), cardioloxía (+1 días), dixestivo (+9 días), hematoloxía clínica (+2 días), neumoloxía (+5 días), pediatría (+4 días) e reumatoloxía (+8 días). Os devanditos datos ofrecen un empeoramento medio, na totalidade das especialidades de 8 días, con respecto ao tempo de espera previsto en xuño. De 71 días pasan a 79, catro días máis ca media do conxunto do SERGAS.

SERVIZOS
Tempo medio de espera
XUÑO 2008
Tempo medio de espera
SETEMBRO 2008
Diferencia espera media
Tres últimos meses
REHABILITACIÓN
50
18
+ 32
ENDOCRINOLOXÍA
43
71
+ 28
NEFROLOXÍA
11
32
+ 21
DERMATOLOXÍA
60
78
+ 18
MEDICINA INTERNA
15
31
+ 16
OFTALMOLOXÍA
116
132
+ 16
NEUROLOXÍA
39
54
+ 15
TRAUMATOLOXÍA
14
24
+10
UROLOXÍA
70
80
+10
DIXESTIVO
13
22
+9
REUMATOLOXÍA
57
65
+8
NEUMOLOXÍA
21
26
+5
PEDIATRÍA
24
28
+4
ALERGOLOXÍA
39
42
+3
HEMATOLOXÍA CLÍNICA
13
15
+2
CARDIOLOXÍA
87
88
+1

 

Fonte: www.sergas.es (Estatísticas oficiais listas de espera)

 

13 ESPECIALIDADES EMPEORAN CON RESPECTO AO 2005.- Para os populares resulta chamativo tamén que os datos de demora media sexan tamén negativos en 13 especialidades médicas no Hospital da Costa se os comparamos co 2005.

A piques de rematar a actual lexislatura, o saldo da xestión do bipartito na sanidade pública mariñá segue a ofrecer malos datos estatísticos. Segundo as cifras oficiais, preocupa os incrementos en máis de 53 días da espera media para cardioloxía -que pasa de 35 días en 2005 ata 88 días en setembro de 2008-. Situación similar acontece noutras especialidades como dermatoloxía (+61 días con respecto ao xuño de 2005), cardioloxía (+53 días) oftalmoloxía (+38 días) …

SERVIZOS
Tempo medio de espera
XUÑO 2005
Tempo medio de espera
SETEMBRO 2008
Difrencia espera media 2007/2005 Htal da Costa
DERMATOLOXÍA
17
78
+61
CARDIOLOXÍA
35
88
+53
OFTALMOLOXÍA
94
132
+38
UROLOXÍA
47
80
+33
NEFROLOXÍA
10
32
+22
REUMATOLOXÍA
44
65
+21
MEDICIÑA INTERNA
12
31
+19
ANESTESIOLOXÍA E REANIMACIÓN
1
18
+17
ENDOCRINOLOXÍA
56
71
+15
NEUROLOXÍA
39
54
+15
ALERGOLOXÍA
30
42
+12
PEDIATRIA
21
28
+7
DIXESTIVO
16
22
+6

 

Fonte: www.sergas.es (Estatísticas oficiais listas de espera)

 

OBXECTIVO PREFERENTE: AS ESPECIALIDADES MÁIS SATURADAS.- En resume, a actual xerencia do SERGAS non está a xestionar de xeito correcto a problemática das listas de espera xa que, “parecen máis preocupados en agochar a magnitude real do problema que en solucionalo”. O PP mantén a necesidade de realizar un estudo minucioso dos datos e establecer aquelas medidas estratéxicas que contribúan a mellorar os tempos de espera naquelas especialidades máis saturadas. Neste senso, esixe un reforzo do persoal médico especialista e que se poña fin á práctica irregular de manter xente á espera de obter cita oficial como consecuencia do peche das axendas.