Partido Popular de Lugo

O GPPP CONSIDERA QUE O PLAN DE AXUDAS AS PEMES DA DEPUTACIÓN É ESCASO E CHEGA TARDE

Lugo, a 23 de outubro de 2008.- O GPPP congratúlase de que a Deputación se decatara de que as Pemes de Lugo precisan un plan de axudas para afrontar a crise, que o Partido Socialista tardou moito tempo en recoñecer, pero lamenta, sen embargo, que o sentido común, que dicen agora aplicar para poner en marcha este programa, non fixeran uso del o pasado mes de xullo cando o GPPP presentou unha moción nesta línea na que propoñía adicar cinco millóns de euros a incentivar precisamente a actividade dos sectores productivos da provincia.

O voceiro adxunto dos populares na Deputación José María González Barcia considera, por tanto, que o Plan estratéxico de subvencións para as Pemes presentado pola vicepresidenta Lara Méndez é “escaso, 625.000 supoñen só unha quinta parte máis do que se adicou a compra do novo coche do Presidente; e chega tarde, porque os efectos da mala situación económica está a golpear as empresas lucenses dende hai xa moitos meses. Nos últimos nove meses pecharon en Galicia máis de 750 pemes en Galicia, un 20 por cento máis que o pasado ano”.

Lembra González Barcia que no pleno da Deputación do pasado mes de xullo tanto PSOE como BNG rexeitaron a proposta do PP de elaborar un plan de axudas para os sectores económicos básicos da provincia.

Naquela moción instábase ó Goberno provincial a que aplicara, dadas as circunstancias económicas e en base o orzamento previsto para este ano, un plan de austeridade e que o aforro derivado da súa posta en marcha, que se cuantificaba en cinco millóns de euros, se adicará a crear liñas de axuda ó sector primario (agrogandeiro e pesqueiro) e as Pemes.

O GPPP, especificou González Barcia, indicaba incluso de onde pederían proceder eses cartos. Así, propoñía que non se seguira adiante coa adquisición dun novo edificio para Suplusa, de que se conxelara o soldo dos deputados con dedicación e a asignación ós grupos políticos, así coma daquelas partidas orzamentarias non productivas como podería ser o caso das adicadas a gastos diversos ou a traballos de empresas externas, entre outros.

“Unha vez máis, o ritmo lento do bipartito da Deputación afecta negativamente a todos os lucenses porque non é capaz de estar a altura das circunstancias e tomar decisións coa axilidade que sería de desexar e de esperar dunha institución que, por encima de todo, ten que estar ó servicio dos cidadáns”, sentenciou Barcia.

CRITICAS DE LARA MÉNDEZ.- González Barcia tamén respostou con contundencia ás críticas realizadas pola Vicepresidenta segunda da Deputación contra o voceiro do Grupo provincial popular José Manuel Barreiro.

Ó seu entender, se a Sra. Lara Méndez quere actuar como “recadeira, non temos ningún problema, pero parécenos penoso que se preste a este tipo de cometidos porque quen tiña que dar a cara non pode, dado que, pola súa propia actuación, está incapacitado para elo”.  

Indica asimesmo José María González que “pensa o ladrón que todos son da súa condición”, polo que considera que, “a Sra. Méndez non é precisamente a máis axeitada para falar de ninguén. Só hai que botarlle unha ollada, de feito, ás actas das xuntas de goberno da Deputación ou constatar a súa pouca adicación ó Concello de Cervo”.

O voceiro adxunto do GPPP explicou tamén que efectivamente José Manuel Barreiro faltou á reunión do Inludes do pasado 16 de abril porque ese mesmo día celebrábase a apertura oficial da lexislatura das Cortes Xerais.

“Esa reunión era para a constitución do órgano rector do Inludes, é dicir, de mero trámite”,  especifica González Barcia, ó tempo que recalca que nas dúas reunións seguintes celebradas por este órgano “o Sr. Barreiro ou se abstuvo ou votou a favor dos asuntos tratados polo que non vexo de qué maneira puido entorpecer o traballo que nel se desenvolve”.

De calquera xeito, indicou que esta mesma mañá José Manuel Barreiro presetou un escrito no Inludes no que solicita ó secretario do ente que certifique a qué reunións foi convocado e as que asistiu e de qué maneira a súa ausencia puido afectar ó funcionamento ou a toma de decisións do organismo.