Partido Popular de Lugo

O GPPP INSTA Ó DIPUTADO DELEGADO DE VÍAS E OBRAS A TRABALLAR

Lugo, a 22 de outubro de 2008.- A satisfacción amosada por Manuel Martínez, deputado delegado de Vías e Obras na Deputación, coa marcha dos traballos de desbroce nas estradas da provincia causou “verdadeira conmoción” nas filas do GPPP.

O voceiro adxunto dos populares José María González Barcia asegurou sentirse “abraiado co autocomplacencia amosada polo Sr. Martínez cando a verdade é que o retraso acumulado no desenvolvemento destes traballos é máis que evidente”.

González Barcia recomentoulle ó deputado socialista que non busque “excusas absurdas” como alegar o retraso na aprobación dos orzamentos para xustificar a demora no cumplimento das funcións que son da súa responsabilidade directa e lembroulle que o desbroce das estradas provinciais é algo que hai que facer todos os anos. “O único que evidencia a situación na que se atopan estes traballos e a súa falla de previsión”, sentencióu Barcia.

O deputado popular instou a Martínez a que, “se quere facer ben o seu traballo”, empece por pagarlle “o acordado” ós concellos que directamente asumiron a realización destas tarefas; e acusouno de mentir cando asegurou que nestes intres a Deputación está a executar estas tarefas. hai concellos nos que a estas alturas non comenzaron os traballos. 

É o caso, lembrou Barcia, dos municipios de Lourenzá, Trabada, Ribadeo, O Saviñao, Sober, Bóveda, Pantón e O Corgo, “por poñer alguns exemplos, nos que a estas alturas non se cortou nin unha herba”.

Pese a todo, Gonzalez Barcia agarda que “ós bos propósitos” anunciados polo Sr. Martínez para a vindeira campaña se cumpran, aínda que insiste en que “ata o momento, non o fixo porque, se a súa capacidade de traballar redúcese a sinalizar baches con sprai e ter sen facer os proxectos de mantenemento e conservación da vía provincial, amañados imos”.