Partido Popular de Lugo

SOGAMA VERTE RESIDUOS TÓXICOS A UN AFLUENTE DO TAMBRE, AUGAS ARRIBA DA CAPTACIÓN DESDE A QUE SE ABASTECE A SANTIAGO E O SEU CONTORNO

Santiago, 21 de outubro de 2008.- A Consellería de Medio Ambiente, a través do vertedoiro de residuos que Sogama xestiona no monte da Areosa (Cerceda), está a verter residuos tóxicos ao río Lengüelle, un afluente do Tambre, augas arriba da captación desde a que se abastece á cidade de Santiago e a varias localidades do seu contorno. A denuncia foi efectuada esta mañá no Parlamento polo voceiro de Medio Ambiente do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, no debate de totalidade do proxecto de lei de residuos promovida pola Xunta.

Jaime Castiñeira amosou, no hemiciclo, unha mostra do lixiviado tóxico que ten a súa orixe na montaña de lixo que Sogama fai medrar cada día na Areosa e preguntou ao conselleiro se ten pensado dimitir despois de que este negase esta evidencia no pasado Pleno, cando o deputado popular sacou á luz pública a existencia dese vertido contaminante. 

EVIDENCIAS.- O voceiro de Medio Ambiente do Grupo Popular exhibiu fotografías tomadas o pasado sábado, 18 de outubro, no punto do vertido, nas que se visualiza un líquido escuro, sobre o que flota escuma, procedente da montaña de lixo de todo tipo –sen ser sometido a clasificación ou tratamento previo de ningún tipo- que Sogama amorea a cotío nese monte do concello coruñés de Cerceda. 

O Lengüelle é un afluente do Tambre que, río abaixo, abastece de auga á cidade de Santiago de Compostela. De feito, a captación e a estación depuradora de auga potable que da servizo a máis de 100.000 habitantes de Santiago de Compostela e parte de Ames, están situadas a escasos 33 quilómetros do vertedoiro da Areosa.  

Agregou que, a día de hoxe, co complexo de Nostián paralizado polo fracaso do modelo socialista para xestión dos residuos, o lixo que xera a cidade da Coruña e toda a súa área metropolitana estase enterrando, na súa totalidade na Areosa. Súmanselle, ademais, outras fracción de RSU procedentes doutras localidades de Galicia, dado que planta de tratamento de Sogama, situada tamén en Cerceda, está colapsada.   

TROITAS MORTAS ESTA FIN DE SEMANA.- Augas abaixo do punto no se verten mos lixiviados do depósito da Areosa, no coto troiteiro de Boi Calvo, de Cerceda, apareceron esta fin semana numerosos peixes mortos.

No debate de hoxe, o deputado popular explicou que o PPdeG vota en contra da lei de residuos por non conceder credibilidade algunha ao Goberno bipartito nesta materia, xa que agardou ao tramo final da lexislatura para aprobar unha norma inservible, consecuencia da falta de modelo neste ámbito.

MEDIO MILLÓN DE TONELADAS DE LIXO SEN TRATAR CADA ANO.- De feito, recordou, PSOE e BNG rematarán a lexislatura sen saber qué facer cos residuos, como queda en evidencia coas máis 500.000 toneladas de residuos sólidos urbanos, e doutro tipo, que Sogama enterra anualmente na Areosa, despois de ser ter incrementado a súa produción en máis dun 20%. Semellante é a situación dos residuos do Prestige, que continúan sen ser tratados, e están almacenados en Sogarisa.

Segundo exp0licou Jaime Castiñerira, a única alternativa que baralla o Goberno  bipartito despois de máis de tres anos de xestión, consiste en incrementar o número de vertedoiros. De feito, a Xunta ten intención de habilitar varias canteiras, en diferentes puntos de Galicia, para convertelas en vertedoiro de residuos da construción.