Partido Popular de Lugo

BARREIRO: “PARA O QUE ESTÁ EN MARCHA, POUCO; E DO PROMETIDO, NADA”

Lugo, a 21 de outubro de 2008.- “A provincia de Lugo segue a perder cos socialistas e nacionalistas na Xunta porque o ano que ven teremos 44 millóns de euros menos que neste exercicio”. Esta foi a primeira reflexión que o Presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro e o deputado autonómico José Manuel Balseiro fixeron hoxe á hora de analizar polo miudo as contas presentadas polo Goberno galego para o 2009.  

“Non é un bo comenzo tendo en conta as peculiariedades que presenta Lugo, onde seguemos a esperar que se aplique ese magnífico plan de reequilibro que, ata agora, só está sobre o papel e do que, dende logo, nos orzamentos do 2009 non hai nin rastro. Non hai, de feito, ningunha partida consignada a este cocepto”, aseguraron.

Unha situación que se dá pese a que”, segundo apuntillaron, “serán os orzamentos co maior endebedamento legal posible (de nada menos que o un por cento do PIB, o que supón preto de 600 millóns de euros) e no que o gasto incrémentase catro veces máis que a inversión”.

Lugo recibirá pouco máis de 132 millóns de euros (un 25 por cento menos que en 2008), o que quere dicir que a inversión por habitante tamén se verá reducida en 126 euros, ó pasar de 500 a 374 euros. A comarca máis perxudicada nesta reducción xeneralizada é a Terra Cha, que perde un 47 por cento con respecto o presente exercicio.  

Exemplo claro desa “falla de compromiso con Lugo” é, o seu entender, a drástica reducción dos cartos que manexará Xestur: un 35 por cento menos. “Se non se invirte en creación de chan industrial, difícilmente se poderá acadar a implantación de novas empresas ou favorecer a expansión das existentes; e moito máis difícil resultará, polo tanto, crear emprego”.

Falla de compromiso ven tamén os populares no que calificaron como “nula aposta” polo principal sector productivo lucense, o primario. Unha afirmación que contextualizaron no feito de que a Consellería de Medio Rural medra só un 1,7 por cento e a de Pesca ve reducida a súa capacidade inversora nun 11,8 por cento. “Nun intre, ademais, “no que a crise está a golpear con especial virulencia a este sector”.

“Para resumir de xeito rápido: podemos dicir que para o que está en marcha adícase pouca inversión e para o que se prometeu, directamente nada”, sentenciou Barreiro.

COMARCA DE LUGO.- Barreiro e Balseiro salientaron, no que á comarca de Lugo se refire, que todo é unha “retahíla de retrasos” porque a consignación xeral en inversións verase reducida un 20 por cento con respecto ó presente exercicio.

“Transcurridos catro anos dende que o número 2 do PSOE nacional José Blanco prometera a inclusión nos orzamentos da Xunta dunha partida para a construcción do auditorio de Lugo, pode que sexa o 2009 o ano no que vexamos colocar a súa primeira pedra. É posible, aínda que non seguro, porque ó peor esta previsión acaba formando parte dese abultado grupo de partidas que se consignan pero que quedan sen executar (os 4,6 millóns asignados a este proxecto no 2008 non se gastaron). En definitiva, ata o 2013, sendo optimistas, non haberá auditorio en Lugo”.

O Plan Paradai demorarase ata o 2011. A partida consignada para o 2009 é, de feito, a máis reducida dos últimos exercicios.

Non antes do 2011 estará listo tampouco o parque empresarial de As Gándaras. O ano que ven contará con 7 millóns de euros menos en comparación ós que lle asignaban nos orzamentos de este ano.

A ronda este, “de seguir este ritmo inversor”, retrasarase ata o 2010. “Por non falar das vivendas protexidas de Garabolos, para as que mengua un 30 por cento a inversión; o novo centro de ensinanzas integradas, que terá a mitade dos cartos deste ano e incluso a rehabilitación do casco histórico, á que se lle adica a mesma cuantía que no 2008.

COMARCA DA MARIÑA.- O norte da provincia ve reducida as súa partida orzamentaria para 2009 un 21 por cento con respecto ó 2008, máis dun 50 por cento se se fai a comparación co 2005. “Lóxicas consecuencias” desta falla de inversión é que o corredor San Cibrao-Barreiros non estará listo ata o 2011. De entrada, porque a inversión redúcese un 54 por cento con respecto a este ano.

“Unha vez máis os feitos constatan que a palabra dos socialistas non vale nada. O Presidente Touriño asegurou non hai moito en Ribadeo que se cumpliría esa data; os seus orzamentos desmínteno. E cun agravante a maiores: o tramo da provincia de A Coruña estará rematado antes que o de Lugo. A nosa provincia, unha vez máis, está a ser discriminada”, sentenciaron Barreiro e Balseiro.

“Mal pode avanzar esta obra se a inversión rebaixase en máis da metada en comparación cos orzamentos de 2008 e se das partidas consigandas nos exercicios 2005, 2006 e 2007 non se investiu nela nin un só euro”, engadiron.

Tamén salientaron o feito de que o Hospital da Costa perde 6 millóns de euros, xa que os orzamentos do vindeiro ano non contemplan as inversións que estaban previstas nos de 2007 e 2008 e que non se executaron.

ZONA SUR.- Na análise das contas da Xunta os representantes populares non pasaron por alto “a burla” que, ó seu enteder, supón adicar ós accesos do Porto Seco de Monforte 400.000 euros. “Despois de que o Goberno de Touriño puxera como data tope de finalización desta obra o 2010, novamente descúbrese o engano. A conclusión do proxecto acumulará un ano máis de retraso e non estará operativa, como moi pronto, antes do 2012”, explicaron.  

Tampouco, na opinión do PP, o Hospital Comarcal de Monforte sae ben parado. “Ano tras ano adícanselle partidas insuficientes, que no 2009, aínda por riba, redúcese nun 86 por cento con respecto a xa de por sí pírrica asignación do 2008”.

No que atinxe o Corredor Sarria-Monforte, os prazos de execución sumarán un ano máis de retraso, xa que non hai que esquecer, suliñaron José Manuel Barreiro e José Manuel Balseiro, que non se executou nin un só euro das partidas incluidas nos orzamentos de 2006 e 2007.   

A GRANDE ESQUECIDA.- O Partido Popular adicou un capítulo específico ó que consideraron como “a comarca sempre esquecida”.  

«As estradas da Montaña lucense seguirán a acumular retrasos e as prometidas residencias para a terceira idade, entre outros proxectos, seguen sen aparecer nos orzamentos. Esta comarca para o Goberno da Xunta simplemente non existe”, sentenciaron.