Partido Popular de Lugo

BARREIRO ESÍXELLE A BESTEIRO QUE EXERZA DE PRESIDENTE E CUMPRA COS ALCALDES

O Incio, 21 de outubro de 2008.- O voceiro do Grupo Provincial do Partido Popular “esixiu” hoxe dende O Incio ó Presidente da Deputación José Ramón Gómez Besteiro “que cumpla os seus compromisos cos alcaldes da provincia”, poñendo coma exemplo este concello da zona sur no que non está a atender “as xustas demandas do seu alcalde”.

José Manuel Barreiro, que compareceu xunto cos deputados provinciais José María González, José Manuel Mato e José Manuel Arias e o propio rexidor Angel Camino, manifestou que casos coma o de O Incio “desgraciadamente repítense por toda a xeografía lucense: rexidores que solicitan actuacións directamente ó Sr. Gómez Besteiro, quen se compromete a cumprilas “no plazo de …”, pero que, ó fin, na meirande parte dos casos, nunca chegan a materializase”.

En opinión de Barreiro, é inadmisible que a estas alturas o Presidente da Deputación aínda teña concellos sen visitar oficialmente, pese a que tras a súa toma de posesión anunciara que en setembro do ano pasado xa se tería reunido con todos os alcaldes da provincia e tería percorridos todos os concellos.

O Grupo Provincial do Partido Popular puxo como exemplo a petición que o Concello de O Incio lle fixo ó Presidente da Deputación para acondicionar debidamente o entonque da estrada provincial CP 2502 cos accesos ós núcleos de A Ermida, Vila Reguenga, Castro, Igrexa e Ceminterio. Parece significativo recordar que a via provincial aludida foi remodela hai xusto agora un ano e que, como consecuencia desas obras, os citados accesos quedaron gravemente afectados.

DEZ MESES DE XESTIÓNS.- Os populares consideran que este exemplo é a máis clara demostración do desinterese e da desidia co que traballa o Presidente e o Grupo Socialista no seu conxunto. O GMPP lembra neste senso que dende decembro de 2007 o Concello de O Incio  mantivo diveros contactos coa Deputación encamiñados a tentar solvetar estas deficiencias, sen que ata o momento lograra o seu obxectivo.

Para os populares non é de recibo que se queira xogar políticamente e de xeito partidista cos intereses duns veciños que teñen todo o dereito do mundo a uns accesos dignos, en terreo propiedade da Deputacion Provincial ademais, e que non son posibles pola “ineficacia” de Gómez Besteiro.

“Se non é capaz de solventar un problema de 10.000 euros, ocasionado por unha obra realizada nunha vía de titularidade da Deputación, non sabemos que é o que o Sr. Besteiro poderá solucionar”, engadiron. 

SEN RESPOSTA.- O alcalde de O Incio, Angel Camino Copa, explicou que o concello de O Incio dirixiuse en varias ocasións a Gómez Besteiro e ó deputado delegado de Vías e Obras. Aínda que ata agora a Deputación nada fixo, Camino Copa confía en que “o Presidente da Deputación exerza como tal, recapacite e acometa as obras que dixo que ía acometer”.

O rexidor explicou que “en todo momento” o Concello de O Incio empregou a vía do diálogo, “probas delo levo dado”, segundo apuntillou, e respetou os cauces institucionais, “porque así creo que se debe actuar”. Lembrou, neste senso, que lle enviou máis dunha carta ó Presidente, das que, segundo dixo, “aínda non tiven resposta” e incluso mantivo con el un econtro “no seu despacho o pasado día 14 de febreiro, é dicir, hai nada menos que oito meses, que tampouco conlevou ningún avance neste caso”. 

O alcalde do Incio afirmou que, despois do tempo transcurrido “sen terlle feito caso”, cree estar “máis que lexitimado para non permitir máis burlas” e anunciou estar disposto a acudir á vía xudicial. 

Relatou, de feito, que con rexistro de entrada na Deputación do 14 de maio pasado, o avogado ó que o Concello lle encargou a defensa deste caso envioulle un escrito o Sr. Besteiro no que lle popoñía unha solución amistosa. Como non houbo resposta, o 10 de xuño tivo asimesmo entrada na Deputación outro escrito de reclamación de responsabilidade patrimonial.

“Ó non obter resposta a ningún dos dous escritos, interpretei”, explicou Capino Copa, “que o Presidente da Deputación pretende que me aburra e tire a toalla”. “Cousa que lóxicamente”, adevertiu, “non vou a facer”.

Dixo ademais que as obras acometidas na estrada provincial deixaron a casa da Sra. Concha de Cerdeiros sen acceso de entrada. “Dado o seu estado de saúde, o 14 de decembro do pasado ano, envieille un escrito, con rexistro de saída 1337, ó Sr. Delegado da área de Infraestructuras no que intercedía pola afectada e pedía que se resolvera a situación canto antes, ó entender que, pola indefensión na que se atopa esta veciña, éste era un asunto urxente”, relatou Camino Copa.

“Pero, a día de hoxe, nin o Sr. Delegado nin o Sr. Besteiro, porque tamén o Presidente ten copia do referido escrito, ó que adxuntei tamén unha reportaxe fotográfica que avala canto digo, fixeron caso”, recalcou.

Finalmente, José Manuel Barreiro manifestou que éste “non é un feito illado e que non se pode permitir que uns concellos teñan trato de favor con respecto a outros”.