Partido Popular de Lugo

BARREIRO DI QUE A RESOLUCIÓN XUDICIAL PON DE MANIFESTO QUE HOUBO UNHA PERSECUCIÓN POLÍTICA CONTRA O ANTERIOR EQUIPO DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN

Lugo, a 20 de outubro de 2008.- “Foi unha iniciativa auspiciada e promovida por un partido político co obxectivo de lograr o que non conseguía onde tiña que facelo, que non é otro sitio que nas furnas. Foi unha mala treta política que inexplicablemente obtivo o respaldo do ex fiscal xefe de Lugo Jesús Izaguirre”.

Así de contundente se amosou hoxe o Presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro durante a súa comparecencia para valorar a decisión da Audiencia Provincial de Lugo de arquivar a causa aberta por un susposto cobro ilegal de dietas durante a etapa do anterior goberno provincial.

“Un culebrón xudicial que remata agora deixando claro que do que se dicía daquela e que malintencionadamente se estivo alongando no tempo durante nada máis e nada menos que cinco anos non había nada de nada”, engadiu Barreiro, que estivo acompañado durante a súa comparecencia por o ex vicepresidente primeiro da Deputación José Carlos Andina e o voceiro adxunto do GPPP José María González Barcia.

“Este home e toda á xente que se viu salpicada inxustamente por este asunto, tanto os cargos políticos coma moi especialmente os traballadores da Deputación, pasaron un calvario”, suliñou Barreiro.  

«Un dano irreparable”, engadiu o presidente dos populares lucenses, “polo que alguén debería de responder, e debería empezar por pedir disculpas públicas a todos os afectados”. Neste senso, José Manuel Barreiro adiantou que os servicios xurídicos do partido Popular están a estudar a posibilidade de emprender accións legais contra o ex fiscal xefe de Lugo polo dano causado.

“O proceder do Sr. Jesús Izaguirre, que non dubidou en actuar de xeito partidista para acadar notoriedade, faille un fraco favor ó sistema xudicial xa que pon en tela de xuizo a independencia dos seus profesionais. Algo que é intolerable dende todos os puntos de vista, aínda que afortunadamente”, recalcou Barreiro, “estos son casos moi puntuais e a Xustiza con maiúscula ó final sempre se fai valer”.

“LAMENTABLES” DECLARACIÓNS DE MARTINEZ.- Barreiro tamén arremeteu duramente contra o deputado provincial do PSOE Manuel Martínez polas declaración realizadas recentemente a este respecto e que non dubidou en calificar de “absolutamente impresentables”.  

«Recoñeceu abertamente que o obxectivo da campaña inciada daquela polo seu partido respondía exclusivamente a perxudicar, do xeito que fora e a calquer precio, ó equipo de goberno provincial que encabezaba Francisco Cacharro. Facendo uso da filosofía de todo vale querían gañar o que durante moito tempo non conseguiron onde era lexítimo facelo, nas furnas”, engadiu José Manuel Barreiro.

O Presidente dos populares lucenses e tamén voceiro do grupo provincial salientou “como dato significativo” que na época do PP na Deputación había catro dedicación exclusivas. Nos orzamentos de 2007, segundo explicou, a partida adicada ás retribucións básicas dos altos cargos ascendía a 158.178. Nos orzamentos da Deputación para este ano adícanse a este concepto 758.849 euros e hai 12 dedicacións exclusivas (a do Presidente de máis de 70.000 euros, a dos tres vicepresidentes de 62.400 euros cada unha, e a de oito diputados. Deste últimos, sete corresponden a delegacións de área, entre os que se inclúe o propio Martínez, e unha á coordinación de servicios e cometidos encomendados polo propio Presidente por importe de 54.000 euros cada unha) e unha media dedicación de 26.000 euros.  É dicir, os tres deputados do Bloque teñen dedicación e dos once deputado do PSOE nove teñen dedicación.

“Emplazo ós veciños da provincia a que comparen o custo do actual equipo de goberno e o seu traballo co que dirixía Francisco Cacharro”, concluiu Barreiro.