Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR INSTA Á XUNTA A RESOLVER XA O CONFLICTO POLA PONTE DE MASIDE

Sarria, a 17 de outubro de 2008.- O Partido Popular acusou á Consellería de Política Territorial de eludir a súa responsabilidade no conflicto “que a propia Xunta creou” cos veciños da parroquia sarriana de Maside ó eliminar do proxecto inicial do corredor Nadela-Sarria a construcción dunha ponte.

Os deputados autonómicos José Manuel Balseiro e Carmen Janet Salgado, o presidente local do PP José Antonio García e unha representación la plataforma de afectados non escatimaron críticas hoxe en Sarria contra o Goberno da Xunta e especialmente contra a titular da Consellería de Política Territorial.

Lamentaron, de entrada, que María José Caride se negue sistemáticamente a reunirse cos veciños afectados para coñecer as súas reivindicación (negouse de feito catro veces a recibilos) e por manter durante máis de dous anos un conflicto “no que os veciños claramente teñen razón e están a ser discriminados”.

“É fundamental que o Goberno de Galicia escoite ós afectados se quere facer obra pública de calidade”, matizaron.

REFORMA DO PROXECTO.- Os representantes populares lembraron que o Goberno da Xunta, que preside Pérez Touriño, reformou o proxecto realizado polo PP, o que conlevou o traslado da ubicación inicial da ponte e, na práctica, a súa eliminación. 

Suliñaron, asimesmo, que a propia Xunta recoñeceu que esta supresión respondía a un problema económico, dado que a Administración autonómica considera que “costaría moito” facelo.

Non se explica entón, segundo salientaron, “que si non tiñan intención de construila, en xuño de 2007, no lugar de Penagache, a ambos lados do corredor e xunto ó camiño vello de Maside, expropiaron os terreos para “presumiblemente” facer esta ponte”.

E tampouco se explica como é posible que se prive ós veciños de Sarria desta infraestructura alegando falta de cartos, cando a Xunta deixa todos os anos un bo número de partidas orzamentarias sen executar.

Os populares dixeron “non entender” cómo se pode eliminar dun proxecto a construcción dunha ponte e nin sequera “contemplar” un paso peatonal. “Maxime”, engadiron, “cando as obras que se están a facer para o corredor afecta moito ós veciños da zona, ós que, entre outras cousas, se lle expropian os terreos ou se lle cambia o cauce da auga”.

O tema das expropiacións é outro asunto “totalmente discriminatorio”, segundo os populares. Así, aseguran non entender cómo é posible que na misma zona os terreos que se expropian para as obra do Ave se paguen ó dobre que os que asume a Xunta para o corredor. 

INICIATIVAS.- Os deputados populares anunciaron que levarían a cabo varias accións a este respecto para que “se rectifica esta inxustiza”. En primeiro lugar interpelarán no Parlamento á conselleira de Política Territorial para que explique en qué criterios se basou para modificar o proxecto inicial mermando servicios.

Tamén presentarán unha proposición non de lei reclamando que volva a incluirse no proxecto a construcción desta ponte.

Os PP arremeteu contra o BNG, ó que tacharon de “partido bipolar” por dicir unha cousa en Sarria e outra “moi distinta” en Santiago cando se aborda este conflicto. Recomendoulle asimesmo á conselleira de Política Territorial que asuma a súa responsabilidade e dé solución urxente a este problema “e deixe de seguir os consellos que lle dá o seu compañeiro de partido e alcalde de Sarria porque neste, como noutros casos, non é fiable”.