Lugo, a 17 de outubro de 2008.- O GPPP denunciou hoxe que hai concellos nos que aínda non se desbrozou nin un só metro de vías provinciais. “Xa estamos a mediados de outubro e comenza a chover polo que non é descabelado concluir que as tarefas de desbroce poden quedar nun mero intento”, explicaron os populares José Manuel Barreiro e José María González Barcia.
A situación “non é unha broma senón un atentado á paciencia das persoas máis sosegadas. Con esta deixadez de funcións estanse a provocar situacións de risco que poden acabar en accidentes”, advertiron.
Segundo o GPPP, hai concellos nos que a estas alturas non comenzaron os traballos. É o caso de Lourenzá, Trabada, Ribadeo, O Saviñao, Sober, Bóveda, Folgoso do Courel, Pantón, O Corgo, Guntín, etc.. Noutros, como Palas ou Portomarín, están a medio facer e recén comenzados nalgúns outros como pode ser Barreiros.
Para o voceiro dos populares na Deputación José Manuel Barreiro, a situación non pode calificarse doutro xeito que non sexa “de caos ou de total improvisación”, ó tempo que redunou na idea “xa asumida por todos os lucenses” de que “a vagancia extrema á que están a chegar Gómez Besteiro e os deputados provinciais socialistas, resulta altamente preocupante”.
Os deputados populares amosaron “coma pequena mostra” unha serie de fotos na que pode apreciarse “claramente” o estado que presenta a rede viaria provincial en diversos concellos. Insistiron ademais en que estas actuacións hai meses que deberían estar remadas e “gracias”, segundo salientaron, “a que este non foi un verán de choivas”.
Os representantes do PP tamén fixeron referencia a unha carta remitida por Manuel Martínez a un concello da provincia na que, “empregando unhas formas pouco axeitadas para alguén que fala en nome dunha institución, tenta xustificar o inxustificable”.
Así, segundo se desprende do contido da mencionada misiva, xustifica o retraso, que “explicitamente recoñece”, por culpa do retraso na aprobación dos orzamentos provinciais, e culpa ó concello de que o desbroce non esté feito porque non se acolleu ó convenio.
José María González Barcia explicou tamén que o concello en cuestión, antes de recibir esta carta do diputado-delegado de Vías e Obras, dirixírase por escrito ó Presidente da Deputación para solicitarlle a execución deste traballos. Unha carta que nunca recibiu resposta. “O Sr. Besteiro pasou do asunto e encomendoulle a tarefa ó Sr. Martinez”, engadiu.
“O chocante desta historia é que hai concellos que si se acolleron ó convenio aludido por Manuel Martinez e fixeron o traballo pero, a día de hoxe, aínda non viron nin un só euro do acordado, co que a coartada do responsable de Vías e Obras desacredítase por si mesma”, engadiron os deputados do Grupo provincial do PP.