Partido Popular de Lugo

BARREIRO: “HAI QUE DESENMASCARAR A SOCIALISTAS E NACIONALISTAS, QUE SÓ VEÑEN A LUGO A PROMETER; DESPOIS, DE CARTOS, NADA DE NADA”

Lugo, a 16 de outubro de 2008.- “Temos por diante uns meses de intenso traballo e debemos centrar os nosos esforzos en transmitir á cidadanía que Lugo, co bipartito da Deputación e da Xunta e co Goberno central, está a perder a oportunidade de subirse o tren do futuro”, sentenciou hoxe o Presidente do Partido Popular de Lugo durante un encontro con todos os alcaldes e voceiros da formación política na provincia.

“É a nosa obriga, como forza maioritaria, desenmascarar ante a opinión pública tanto ós socialistas coma ós nacionalistas, porque ó final a mesma cousa son, dado que só saben vir a Lugo a facerse autobombo e a falar das moitas cousas que van a facer pero das que, á hora da verdade, non hai nada de nada. Os compromisos adquiridos, que ano tras ano nos repiten, nin son realidade nin se poñen os medios para que poidan selo nun prazo razonable”, explicou José Manuel Barreiro.

Os orzamentos do Estado, as partidas consignadas neles, son, na súa opinión, o punto de partida indispensable para que o que o se promete poida cumprirse.

“Levamos cinco anos vendo como o Goberno de Zapatero e de José Blanco non cumple con Lugo. O vindeiro ano, por exemplo, concellos e diputación verán mermada a aportación estatal nun 3,5 por cento. Tampouco o Goberno que lidera Pérez Touriño apostou pola nosa provincia estes últimos tres anos. Máis ben adicouse a discriminar ós lucenses, a tratarnos coma cidadáns de segunda”, sentenciou Barreiro.

O Presidente provincial dos populares aseverou que “é tempo de dicir basta” e que “é a nosa obriga e o noso deber, como forza maioritaria, explicarlle a cada veciño desta provincia, con rigor e seriedade, esta situación porque os feitos falan por si mesmos”.

PLAN DE TRABALLO.- O encontro celebrado hoxe en Lugo por José Manuel Barreiro cos alcaldes e voceiros do Partido Popular de toda a provincia enmárcase dentro dunha intensa axenda de traballo iniciada o pasado mes de setembro e que ten a vista posta nas vindeiras eleccións autonómicas. 

Así, tras reunirse cos integrantes do Grupo Popular en Madrid, co grupo de parlamentarios autonómicos, co grupo municipal de Lugo e os deputados provinciais, convocouse agora este encontro cos máximos responsables locais da formación política como punto de partida a un intenso calendario de xuntanzas polas comarcas e os concellos da provincia, que dende a Dirección provincial se está a ultimar xa.

Este plan de traballo, para o que no encontro de hoxe se fixaron os principios básicos, segue as directrices marcadas pola executiva provincial dende a súa toma de posesión e que responde a unha filosofía de achegamento e a apertura, especialmente dirixida ás bases pero tamén á cidadanía en xeral.

Unha visión na que o proceso de renovación das xuntas locais xoga un papel fundamental co fin de acadar unha estructura organizativa forte e operativa.

Tras o encontro, todos os asistentes participaron nunha cea de confraternidade nas casetas do polbo.