Partido Popular de Lugo

O PP ACUSA Á CONSELLERÍA DE SANIDADE DE MENTIR POR NEGAR A EXISTENCIA DE ALERTAS ALIMENTARIAS DA UE POLO PEIXE PANGA

Lugo, a 15 de outubro de 2008.- Os deputados do Partido Popular José Manuel Balseiro e Manuela López Besteiro aseguraron hoxe que “A Consellería de Sanidade minte descaradamente cando asegura que non existen alertas alimentarias da UE relacionadas co peixe panga.

“Cómo é posible que digan semellante cousa cando precisamente o pasado luns, día 13, durante a Comisión de Pesca persoalmente lle entreguei ó director xeral de Saúde Pública, Ramón Medina, copia da resposta dada a este respecto pola Unión Europea ó europarlamentario popular Daniel Varela, así coma os resultados das analíticas realizadas a varios lotes deste peixe que chegaron ó noso mercado e que contiñan axentes patóxenos como o cólera e a difteria?”, pregúntase José Manuel Balseiro.

Os deputados populares salientan asimesmo que a día de hoxe ningunha autoridade da Xunta de Galicia negou que nos menús escolares se estivera incluido o peixe panga. É lóxico, por tanto, que “dada a situación existente, reclamemos controis específicos e, sobre todo, que as consellerías da Xunta con responsabilidades neste asunto actúen con rigor e seriedade”.

“Non estamos a crear ningunha alarma”, recalcou Manuela López Besteiro, so pedidmos que, por precaución, se tomen as medidas axeitadas que garantan a seguridade alimentaria”.

Os deputados populares tamén amosaron a súa sopresa porque o delegado de Educación, Luis Manuel Alvarez, asegurara tan taxantemente que os menús dos centros educativos cumpren os requisitos establecidos por Sanidade, cando, ata o momento, non se puxeron en marcha medidas específicas para garantir o bo estado sanitario deste peixe.

Os populares tamén se preguntan si, segundo el asegura, se cumpren todos os requisitos establecidos, cómo é posible que a Delegación de Educación de Lugo non teña constancia dos comedores escolares nos que se está a servir este pescado. “Non serve de excusa dicir que a elección dos menús non é competencia desta consellería porque, ó fin, o control e a responsabilidade última correspondelle a Educación”.

Os deputados populares, por tanto, manteñen a súa opinición de que “por precaución” debe eliminarse dos menús que se serven nos comedores dos centros educativos, hospitais e centros de día este peixe.