Partido Popular de Lugo

O PP DEMANDA INFORMACIÓN PORMENORIZADA SOBRE CANDO E DONDE SE SERVIU PEIXE PANGA NOS MENUS DOS CENTROS PÚBLICOS DE LUGO

Lugo, a 14 de outubro de 2008. Os deputados autonómicos José Manuel Balseiro Orol e Manuela López Besteiro amosaron a súa preocupación polo que calificaron como “deixadez” da Xunta ó non efectuar os controis sanitarios precisos para constatar o estado no que se atopan as especies de peixe foráneo que están a inundar o mercado galego e moi especialmente no que atinxe ó peixe panga procedente do Vietnam, China, Corea e Tailandia. Máxime cando varios lotes deste pescado, segundo se constatou recentemente, contiñan axentes patóxenos como o cólera ou a difteria, entre outros contaminantes. 

Lembraron neste senso que a gravidade da situación chega a tal extremo que a Unión Europea emitiu ata cinco alertas sanitarias nos últimos dous anos. Unha circunstancia que “inexplicablemente”, segundo salientaron, descoñecía o Director xeral de Saúde Pública, Ramón Medina, como onte mesmo puxo de manifesto durante a súa comparecencia, a petición do Grupo Parlamentario Popular, na Comisión de Pesca. 

A preocupación dos populares por este asunto remóntase a hai varios meses, concretamente o pasado xullo, cando o Instituto de Investigación Mariñas alertou da presenza de patóxenos de lifteria e cólera en varios lotes deste peixe comercializados en Galicia. De feito, segundo explicaron Balseiro e López Besteiro, dende entón presentaron unha batería de iniciativas parlamentarias para forzar ás consellerías de Pesca, Sanidade e Educación a dar conta das actuacións desenvolvidas nos seus respectivos departamentos.  

Medidas que, ó entender dos deputados lucenses do PP, son manifestamente insuficientes, ó tempo que insistiron en que é “especialmente grave” que o consumo do peixe panga estese a utilizar de maneira xeneralizada nos menús dos comedores escolares, así como noutros centros dependentes da administración autonómica coma hospitais, residencias da terceira idade ou centros de día, sen que se habilitara ningún tipo de dispositivo específico para controlar a súa salubridade. Unha situación que, segundo salientaron, recoñeceron os propios responsables da Xunta. 

Os deputados populares explicaron que requerirán no Parlamento información pormenoriza de cándo e ónde se incluiu este peixe nos menús escolares dos colexios de Lugo ou de calquer outro centro público e que seguirán a presentar cantas iniciativas sexan precisas encamiñadas a garantir a calidade deste producto e para evitar que se produzan risgos innecesarios.

Insistirán igualmente en reclamar a Administración autonómica que efectúe análises estrictas de todas as partidas de peixe importado e que garanta que todos os productos postos a venda en Galicia estén correctamente etiquetados para que o consumidor poida identificar con claridade a procedencia de cada lote. Ó tempo, e ata que non se adopten os controis específicos que require o caso concreto do peixe panga, instan á Xunta a que o retire de todos os menús que sirve nos centros públicos, xa sexan colexios, hospitais, ou residencias.