Lugo, a 13 de outubro de 2008.- O Partido Popular insiste en calificar de “tomadura de pelo” os prazos dados polo número dous dos socialistas, José Blanco, e o Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, para a entrada en servicio da nova pote sobre o Miño en Lugo durante as súas visitas ó San Froilán.
“Que agora afirmen que se licitará a principios do vindeiro ano e que entrará en servicio no 2010 non deixa de ser paradóxico porque, de entrada, recoñecen explícitamente que a obra leva catro anos de retraso porque a primeira data que deu José Blanco, dende que en 2004 empezou a falarse deste proxecto, foi que estaría adxudicada en 2005. Todos sabemos, sen embargo, o valor que teñen as verbas do número dous dos socialistas e como, andando o tempo, cambian as súas previsións: En 2005 dixo que estaría rematada en 2008. En 2006 que entraría en servicio no 2009. En 2007 que xa se faría; e agora, que en 2010, que só é cuestión de que a empresa que resulte adxudicataria dun proceso que aínda non se iniciou se poña as pilas e a Administración lle esté en riba”, explicou o Presidente do Partido Popular de Lugo.
José Manuel Barreiro engadiu que “a segunda dúbida que plantexan as declaracións de Blanco e Touriño é saber con que cartos se van a executar as obras porque o baile de cifras de un e outro non coincide coas partidas fixadas nos orzamentos do Estado”.
Así, o líder dos populares lucenses insiste en lembrar que os PXE para o 2009 comtempla únicamente unha partida de 150.000 euros.
“Sorprendeme a capacidade que teñen nos últimos días os socialistas de sacarse da manga un montón de millóns de euros que esqueceron incluir no seu proxecto de orzamentos tanto neste caso, como para o AVE ou as autovías”, ironizou Barreiro.
Para o Presidente dos populares lucenses resulta vergonzoso que tanto Blanco como Touriño salienten os cartos asignados ás autovías e ó AVE cando moitas destas obras debería estar xa rematadas. É o caso da A-8, por poñer só un exemplo, pero que, como moi pronto, poderase circular por ela no 2012.
Barreiro salientou asimesmo que do presupuestado no período 2004 a 2008 para a autovía Santiago-Lugo o 75 por cento está sen executar; e o 40 por cento no que atinxe á autovía Lugo-Ourense.
A situación do AVE merece, segundo Josñe Manuel Barreiro, unha mención específica: o 79 por cento do orzamento asignado nestes últimos catro anos non se investiu e no AVE do Cantábrico “nin un só euro e nin sequera aparece nos orzamentos de 2009”.
“Con estes datos”, preguntouse o Presidente do PP de Lugo, “a quén pretenden enganar agora os socialistas”.