Lugo, a 11 de outubro de 2008.- Mariariano Rajoy, Presidente nacional do Partido Popular, non renunciou a súa xa tradicional cita con Lugo durante a celebración das súas festas maiores e compartiu mesa en matel con 750 persoas, entre afiliados e cargos do partido, o penúltimo día do San Froilán.
O seu compromiso con Lugo quedou de manifesto cando, chegado o tempo dos discursos, propuxo “institucionalizar” o seu encontro anual cos populares lucense precisamente durante a celebración destes festexos.
O líder popular tamén animou ós asistentes a aunar esforzos para que na cita electoral do vindeiro ano en Galicia o Partido Popular acade a maioría suficiente para gobernar.
Unha idea na que con antelación tamén insistiron os presidentes rexional e provincial nas súas intervencións. Así, Alberto Núñez Feijoo, tras loubar a traxectoria e a valentía política de Mariano Rajoy e insistir en que “todos somos necesarios”, anunciou que, concluida a campaña desenvolvida por todas as comarcas da comunidade autónoma “Galicia en voz alta”, principiaría otra que o levará por todos e cada un dos concellos de Galicia para explicar polo miudo o proxecto do Partido Popular.
O presidente provincial José Manuel Barreiro, pola súa banda, tamén pediu a todos os asistentes redobrar esforzos de cara a vindeira cita coas furnas, recalcando que o PP xa amosou a súa capacidade para gobernar e de facelo ben ademais. Agradeceu, asimesmo, tanto a Mariano Rajoy coma a todos e cada un dos asistentes, que tiveran a deferencia de asistir a este encontro no que, segundo salientou, “cada ano somos máis”.
Previo ó xantar, Rajoy, franqueado por Alberto Núñez e José Manuel Barreiro, entre outros cargos do partido, fixo un percorrido polo recinto feiral das festas. Adicou un afectuoso saúdo ós propietarios das churrerías, saudou e fotografiouse con todo aquel que llo solicitou, e, entre outras moitas paradas, probou o polbo que lle ofreceron preto das casetas.