Partido Popular de Lugo

RAJOY XANTARÁ O SÁBADO EN LUGO CON AFILIADOS DO PARTIDO POPULAR DE TODA A PROVINCIA

Lugo, a 9 de outubro de 2008.– O Presidente do Partido Popular Mariano Rajoy participará o sábado en Lugo nas tradicionais festas do San Froilán. Aproveitará á súa estadía na cidade das murallas para, tras facer un percorrido polo recinto feiral, asistir a un xantar con afiliados e cargos do partido de toda a provincia. Un encontro que, segundo as previsión, superará a afluencia rexistrada o pasado ano e que ascendeu a 700 persoas.

Rajoy, acompañado do Presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo, ten previsto chegar a Lugo ó redor das dúas da tarde, onde o agardará, entre outros, o Presidente provincial José Manuel Barreiro.

Tras unha breve visita ás casetas do pulpo e ó recinto feiral, desprazarase, sobre as tres da tarde, ó restaurante Torre de Núñez para reunirse cunha nutrida representación das bases do partido, así como, deputados, alcaldes e voceiros de toda a provincia.