Partido Popular de Lugo

O PP ACUSA Ó PSOE E Ó BNG DE NEGARSE A DEFENDER OS INTERESES DA COMARCA DE LUGO NO PARLAMENTO

Lugo, a 9 de outubro de 2008.- O Grupo Parlamentario do Partido Popular, a través dos seus deputados Jaime Castiñeiras e Isabel García Pacín, presentou unha proposta de resolución para o Debate anual de política xeral na que se facía énfase en que o Parlamento instara á Xunta a axilizar e recortar os prazos, así como conminar no mesmo senso ó Goberno central naqueles asuntos que foran da súa competencia, na execución de 25 proxectos de infraestructuras e dotacións que califican de esencias para a comarca de Lugo.

Os deputados populares lamentaron que tanto socialistas como nacionalistas evitaran, unha vez máis, comprometerse con esta comarca e defender os seus intereses.

Moitas destas iniciativas facían referencia a estradas. Era o caso, ademais de ás autovías Lugo-Sarria-Monforte, Lugo-Santiago e Lugo-Ourense; da estrada Friol-Sobradelo LU-934 e AC-934; da repavimentación do tramo da estrada LU-232 ó seu paso polo casco urbano de Friol e da que comunica Outeiro de Rei con Castro Riberas de Lea.

Tamén se instaba a axilizar os prazos de execución de creación dun centro de día e unha escola infantil en Friol; da concentración parcelaria que afecta a varias parroquias de Outeiro de Rei, así como a dotación precisa para permitir a posta en marcha da escola infantil desde último concello.

A planta de tratamento de plásticos agrícolas de Guntin, a acometida do saneamento en distintas parroquias da comarca ou o transporte metropolitano eran outras das demandas formuladas polos deputados populares por Lugo.

No que atinxe a capitalidade provincial, o PP incluía nas súas reivindicacións o polígono industrial de As Gándaras, o auditorio, o Cetal, o novo hospital de San Cibrao, a rehabilitación do barrio da Tinería, o museo da romanización, completar o Plan Paradai, o Instituto de formación profesional de Albeiros, a remodelación do pazo municipal dos deportes, a ampliación da piscina municipal de Frigsa e a remodelación da estación de autobuses.

Os populares non se esqueceron tampouco nas súas reivindicacións para Lugo de incluir a adopción das medidas que permitan potenciar o tren convencional, así como a axilización das obras do AVE Lugo-Ourense.