Partido Popular de Lugo

O GPPP ASEGURA QUE A DEPUTACIÓN NON FIXO NADA PARA RESOLVER O PROBLMEA DA RECOLLIDA DE ENVASES LIXEIROS

Lugo, a 9 de outubro de 2008.- O Grupo Provincial do Partido Popular criticou que a Deputación aínda non fixo nada para resolver o problema da recollida do lixo provocada pola renuncia de Ecoenves a facerse cargo dos envases lixeiros. Un problema que, lembran dende o PP, afecta á metade dos concellos de Lugo e que a administración provincial comprometeuse a solucionar hai xa un ano.

Pero a solución dos responsables da Deputación limitouse, segundo salienta dende o GPPP, a enviar unha carta, con data do 13 de novembro de 2007, na que se manifesta que “… a Deputación está a facer un estudio…” para enmendar a situación, e pide “…se resposte, tanto se o servicio (de recollida de envases lixeiros) está delegado ou non…”.

O máis grave, segundo salientan, e que dende o 13 de novembro ata mediados de decembro do pasado ano, 32 concellos contestaron a misiva indicando que estarían dispostos a participar ou sopesar a súa participación na xestión de recollida deste tipo de residuos liderada pola Deputación. Sería o caso de O Valadouro, Friol, Riotorto, O Corgo, Trabada, Alfoz, A Pontenova, Portomarín, Pedrafita, Lourenzá, Meira, Carballedo, O Incio, Monterroso, O Vicedo, Cervo, A Pastoriza, Paradela, Chantada, O Páramo, Bóveda, Baralla, Guntín, Becerreá, Láncara, Taboada, Muras, Burela, Mondoñedo, Pobra do Brollón, Foz e Cervantes.

Outros concellos, coma o de Lugo ou o de Quiroga, explicaban na súa resposta que xa teñen, dun xeito ou doutro, resolto o problema pero que, pese a todo, agradecían a iniciativa.

Pola contra, segundo denuncian dende o GPPP, do que non hai nada de nada é do suposto estudio ó que se facía alusión na carta remitida dende a Deputación. Proba delo é que un dos concellos antes indicados enviou unha nova misiva a principios de abril do presente ano interesándose pola fase na que se atopa este asunto, dado que non voltara a recibir ningunha comunicación ó respecto, e aínda segue a agardar a resposta.

Para o PP esta situación pon de relieve, unha vez máis, que na Deputación trabállase pouco e que o deputado delegado Miguel Sotuela mentiu no pleno no que se os populares lle preguntaron polo resultado da consulta efectuada pola Deputación, xa que dixo que os concellos non amosara ningún interese pola iniciativa.

O PP tamén se pregunta cál é o papel que xogan Antonio Gato e Manuel Martínez neste tema dado que, pese a que eles mesmos asinan a carta de adhesión dos seus concellos á iniciativa da Deputación, non se pronunciaron sobre esta cuestión nin fixeron forza para que o proxecto seguira adiante.

Para o GPPP, a política que se está a desenvolver na Deputación responde únicamente a autopropaganda, na que se prima o interese partidista sobre a prestación de servicios fundamentais e básicos para os cidadáns desta provincia, coma é o caso da recollida de lixo. Incúmprese, ademais, unha das premisas básicas sobre as que se sustenta a existencia das deputacións, a de coordinar a  todos os concellos, a de ser o “concello de concellos” como o propio Presidente Gómez Besteiro defendía.