Partido Popular de Lugo

BALSEIRO: “O GOBERNO SOCIALISTA DE ZAPATERO SOMENTE A UN CASTIGO INACEPTALBE E INMERECIDO Á MARIÑA LUCENSE E A TODOS E A TODOS E TODAS AS MARIÑÁNS”

Viveiro, 9 de outubro de 2008.- “Os socialistas desde o Goberno de Madrid, ano tras ano, a través dos seus orzamentos, privan á Mariña lucense dunhas mellores estradas, dun ferrocarril propio do século no que vivimos, dun porto comercial aberto ao tráfico xeral e dunha autoridade portuaria de seu, … isto é, están a privarnos dos investimentos e das achegas axeitadas para garantir unha mellora nos servizos e  nas dotacións de interese xeral”, asegurou o deputado autonómico José Manuel Balseiro quen, xunto coa senadora María del Carmen Gueimunde, amosáronse hoxe moi críticos cos orzamentos xerais do Estado  .

A crítica tamén se fixo extensible os representantes do BNG que recentemente calificaron como escasa a inversión prevista para a comarca.

Os populares lembráronlle ó BNG que foi a única forza nacionalista que respaldou durante a pasada lexislatura os orzamentos do Goberno do Estado e que en dúas ocasións propiciou a investidura de Zapatero. “Ata tal punto chegaron no seu respaldo o Goberno que a peor Ministra de Historia de España, a titular de Fomento Magdalena Álvarez, a dos 50 mil para o corredor, pode continúar a rirse dos veciños da Mariña”, suliñaron.

Balseiro non dubidou en calificar de “bochornosa” a actitude dos nacionalistas ó intentar agora “lavar a cara” criticando os orzamentos do Estado. “Deberon esquecer, por exemplo, que votaron en contra das enmedas que o PP presentou no Congreso e no Senado ós orzamentos de 2006, 2007 e 2008 para que se incrementara o investimento adicado ó corredor Barreiros-San Cibrao e o porto de Alcoa”, explicou, ó tempo que asegurou que “non se pode ir en contra dos intereses da Mariña en Madrid e despois pretender vir aquí a presentarse coma os seus grandes valedores porque é unha mentira maiúscula”. 

UN 9,10 % MENOS PARA O 2009.- “O Goberno socialista de Zapatero somete a un castigo inaceptable e inmerecido á Mariña lucense e a todos e todas os mariñáns ó reducir algo máis do 9 por cento a inversión global prevista para o vindeiro ano con respecto ó actual”, asegurou Balseiro, ó tempo que desgranou por ministerios “o castigo” do que está a ser obxecto a comarca. Así, o Ministerio de Cultura non lle adica nin un só euro.

Neste senso, os representantes do Partido Popular preguntáronse, por exemplo., ónde foron os 590.000 mil  que prometeron adicar para a creación do centro Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo e dos que “non hai nin rastro nos orzamentos”.

O “castigo” ven tamén do Ministerio de Ciencia e Innovación, que tampoco consigna nin un euro para a comarca. “E iso que” , lembraron, “prometeran regalar unha bombilla de baixo consumo por fogar pero a Solbes, pobriño, non deben sairlle as contas”. O mesmo acontence co Ministerio do Interior, “garante da nosa seguridade”, recalcan, que eliminou á provincia de Lugo dos seus orzamentos. Así, adícanse cero euros para os cuarteis e infraestruturas da Garda Civil e da Policía da Mariña.

“Castiga a cada un dos mariñáns, en definitiva, cando nos sitúa á cola nos investimentos de sociedades públicas estatais tan importantes no día a día como  correos e telégrafos, que parecen querer pechar, a SEPI, ou a sociedade estatal de infraestruturas e transportes terrestres”, explicaron Balseiro e Gueimunde.

“Unha simple análise, desapasionada e obxectiva, das contas do 2009 poñen en evidencia a este Goberno, e demostran a falla de compromiso do Goberno Zapatero coa nosa comarca”, suliñaron, ó tempo que fixeron especial mención ás principais actuacións previstas nas contas do 2009: á autovía do Cantábrico e

o corredor (treito Barreiros-San Cibrao) das que sacaron un balanzo “moi negativo”.

AUTOVIA DO CANTÁBRICO.- Así, segundo indicaron, a autovía do Cantrábrico non estará en funcionamento tras 6 anos de Goberno de Zapatero e tras 4 anos de Goberno de Touriño. O Executivo central comprometérase nas cortes xerais a que no bienio 2007-2008 disporíamos desta estrada de dobre carril, pero da promesa, suliñaron, “nada de nada”.

“Desafortunadamente o groso dos investimentos nesta autovía marcharon para Asturias. E, en Galicia, ata 2011 non acabarán por chegar a maior parte dos investimentos. Tanto Touriño como Zapatero aplastan ás espectativas dos mariñáns e ofrecendo un mensaxe desalentadora. Ata tal punto chegaron os actuais xestores que para facer o treito entre Lourenzá e Mondoñedo, de 3,6 quilómetros, precisarán 6 anos, é dicir, o  Ministerio de Fomento vai a unha velocidade inferior aos 600 metros ao ano”, explicaron.

Pese a todo, para os representantes populares, “o maior dos despropósitos ten un nome propio: o corredor San Cibrao-Barreiros”

CORREDOR SAN CIBRAO BARREIROS.- A “irrisoria” achega de 50.000 euros que se consigna para levar adiante esta vía, “repetida de ano en ano, e non executada”, recalcan, é tanto como condenar aos mariñáns a non dispoñer desta vía. “A este paso podemos irnos olvidando dela”, conclúen, o tempo que retan ó Excutivo a que “se non teñen vontade política para iniciar esta importantísima obra civil, chamada a vertebrar os concellos do norte, que nolo digan”.

“Pero non cometan o erro de rirse á cara de todos os veciños e de desprezar a nosa intelixencia. Algo así como o que fixo o outro día o Sr, Touriño cando anunciou que o seu obxectivo era desdobrar o corredor, convertelo en autovía”, advertiron. “Con 50.000 euros, Sr Presidente, probablemente non chega nin para pintar e cubrir de sinais os poucos quilómetros que corresponden ao treito estatal”.

A falla de compromiso do Estado coa Mariña no que atinxe a infraestructuras viais ponse de manifesto, ó entender do PP, que esta é a comarca que se atopa á cabeza das bisbarras galegas por número de puntos negros, curvas perigosas e trazados que Fomento non ten intención en correxir.

“E por non corrixir nin adican cartos para eliminar os gardarrais que poñen en perigo a vida dos motoristas. Unha afección crecente entre os veciños da Mariña lucense”, explicaron Balseiro e Gueimunde. “Zapatero, e as súas contas, olvidan á Mariña. Porque non teñen en conta a ningún de nos. Porque o PSOE un ano máis só sabe defender os intereses de cataláns, andaluces e baleares… Pero Lugo, e a súa comarca costeira tamén existe”.

Os representantes populares mariñáns engadiron un dato para ilustrar esta situación: Lugo é a provincia, no conxunto da nosa comunidade, que menor investimento estatal recibe. “Unha discriminación que, a vista está, A Mariña lucense non é allea”.

“No proxecto de orzamentos non só non existe unha soa obra nova que beneficie a a algún concello da nosa comarca senón que nin sequera foron capaces de executar a inmensa maioría das actuacións previstas nas contas do pasado ano. E o peor. Non están dispostos a rectificar”, engadiron.

OS PEORES ORZAMENTOS.- Como conclusión, os representantes populares, indicaron que, “sen temor ao erro, os orzamentos do Goberno de Zapatero para 2009 son os peores da historia recente, xa non só porque reducen, aínda máis, o investimento na nosa comarca senón porque, a maiores, incumpren os grandes compromisos adquiridos con esta terra”.

Neste senso Balseiro e Gueimunde preguntáronse que sentido ten aprobar por unanimidade nas cortes xerais, co apoio e o consenso do conxunto das forzas políticas, a apertura do dique norte de ALCOA ao tráfico xeral se nin tan sequera adican un só euro para este obxecto nas contas do 2008?

Que sentido ten falar do horizonte temporal de finalización do corredor entre Barreiros e Ferrol se nin tan sequera teñen investido os repetitivos 50.000 euros en iniciar os trámties para facer realidade esta nova estrada?

Que sentido ten demandar o estudo correspondente para que algún día a alta velocidade ferroviaria poida chegar á nosa terra cando o Estado non inviste un só euro na mellora da línea de FEVE, ou na creación dun servizo de cercanías propio do século no que vivimos?

Que sentido ten comprometer cartos e investimentos para A Mariña se nin tan sequera son quen de cumprir a metade das actuacións que prometeron no 2008?

COMPROMISO DO PP.- Fronte a todo iso, segundo aseguraron, o Partido Popular “volverá a ser o eco dos Mariñáns nas Cortes Xerais e o BNG”, puntualizaron, “pode engadirse a este esforzo. Benvido será”.

“Os populares renovamos públicamente o compromiso que no seu día adquirimos cando a maoría dos veciños da Mariña apostaron por nós. Confiaron en nos. Defenderemos os seus intereses en Madrid, en Santiago e alí onde sexa necesario”, aseguraron, ó tempo que anunciaron que o PP levará adiante unha batería de emendas a estas contas “que representan o desprezo e a marxinación ao conxunto dos lucenses”.

“Zapatero e o seu partido non poderán seguir esquecendo A Mariña. E no caso de facelo, deberán rendir contas ante cada un dos veciños desta comarca. Os mariñáns aspiramos a recibir aquelo que por dereito nos corresponde: unhas estradas dignas, a un tren digno, que os beneficios do porto comercial de ALCOA redunden na nosa comarca e podan ampliarse ao conxunto das empresas lucenses. Reclamamos un investimento digno”, engadiron.

“En definitiva, loitamos para evitar que os socialistas, que parecen empezinados en elo, non volvan a ser protagonistas do peor da nosa historia: de ter elaborado os orzamentos xerais que máis teñen marxinado á Mariña lucense. Con total sinceridade, creo que peor non o poden facer”, concluiu José Manuel Balseiro.