Partido Popular de Lugo

O GPPP CRITICA QUE A DEPUTACIÓN CONTRATE UNHA ASISTENCIA TÉCNICA PARA AS ÁRAS DE BENESTAR, IGUALDADE E XUVENTUDE

Lugo, a 8 de outubro de 2008.- O Grupo Provincial do Partido Popular pregúntase qué se fixo en Benestar Social, Igualdade e Xuventude nos quince meses transcurridos dende a toma de posesión do novo Goberno da Deputación para que agora se teña que contratar unha asistencia técnica para estas áreas.

O voceiro adxunto do Grupo Popular Provincial, José María González Barcia, vé “un insulto ós cidadáns da provincia” que na última Xunta de Goberno foran aprobados dous plegos, de cláusulas administrativas un e de prescripcións técnicas outro, para contratar unha asistencia técnica “para  a posta en marcha, funcionamento e organización da  nova Área de Benestar, Igualdade e Xuventude”.

Barcia considera que a vista de esto, a única conclusión que se pode sacar é que durante case ano e medio a deputada-delegada do departamento, a nacionalista María José Vega Buján, agás convocar subvencións, non fixo nada, o que non dubida en calificar de “impresentable”.

O GPPP, ó tempo que lamenta que ó BNG se sume así á “marcha lenta” que caracteriza ós seus socios de goberno, critica que se “menosprecie” a capacidade dos traballadores da Deputación, xa que a contratación da asistencia técnica aludida xustifícase na falla de persoal cualificado.  

En opinión do voceiro adxunto dos populares é un “despilfarro” que teñan que adicarse 30.000 euros de “todos os lucenses a compensar a falla de ideas e de dedicación da deputada-delegada responsable”.