Lugo, a 7 de outubro de 2008.- O presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro non dubidou en calificar de “burla” a afirmación de José Blanco, vicesecretario xeral do PSOE, de que o novo ponte sobre o Miño en Lugo podería utilizarse en 2011.
Para Barreiro, “as promesas reiteradamente incumplidas de Blanco sobre esta obra fan que xa niguén o crea”. “Voltar a dar prazos, tendo en conta a irrisoria partida que se adica nos orzamentos do 2009, o 96 por cento menos do que se adicara a ela nos de este ano, é un insulto a todos os lucenses”, dixo.
“Quén vai a tomar en consideración o que diga José Blanco se o Goberno confirmou o pasado día 2 deste mes, en respota a unha pregunta que lle formulei sobre o grao de execución dos orzamentos na provincia, que dos cinco millóns de euros que consignara para esta ponte no 2008 só se investiron 35.600 euros, é dicir, un un por cento”, engadiu Barreiro.
O presidente dos populares lucenses lembrou que a ponte é un “proxecto comodín” para o PSOE e “moi especialmente para o seu número dous, quen dixo en maio de 2004 que se ía adxudicar en 2005. En 2005 que estaría rematado en 2008. En 2006 que entraría en servicio no 2009. En 2007 quedara a cousa en que xa se faría; e agora, a finais de 2008, cando o Ministerio de Fomento aínda non sabe se o enlace irá polo parque Marcos Cela e con 150.000 euros de orzamento para o 2009, dinos que se poderá usar no 2011 ou incluso a finais de 2010”.
Barreiro lamentou que Blanco visitara Lugo “de noite e case a escondidas” para comer o polvo con cargos do seu partido na vez de “ter a valentía suficiente para dar a cara, comparecer ante os lucenses e explicar a razón pola que ó Goberno discrimina a nosa provincia poñendoa á cola do investimento previsto para Galicia ó asignarlle só ó 12,8 por cento, fronte o 36, 6 de A Coruña, o 28,1 de Pontevedra ou o 22,4% de Ourense”.
O líder dos populares de Lugo tamén asegurou que o propio Goberno de Zapatero volve a desmentir a José Blanco cando recoñece o baixo nivel de execución orzamentaria que contabiliza na provincia.
Barreiro lembrou que o executivo, a través do seu Secretario de Estado de Planificación de Fomento Víctor Morlán, en resposta, o pasado día 1 de outubro, á unha pregunta formulada a este repecto polo propio Barreiro, admitiu que o 51% do orzamento de 2007 quedou sen investir; e que, segundo as estimacións realizadas polo Partido Popular, no período 2004-2008, no que atinxe as infraestructuras máis significativas, non se empregou o 70 por cento dos cartos consignados para Lugo.
O presidente dos populares indicou asimesmo que, coas inversións previstas nos orzamentos do 2009, o AVE non chegará a Galicia en 2012. “O propio Blanco ten que saber que eso non será posible, pero insiste en dicilo coa esperanza de que a mentira, a forza de repetila, se convertira en verdade”, asegurou.
“Pero unha vez máis o Goberno central contradice ó Sr. Blanco porque recentemente, cando lle pedimos no Senado que concretara prazos e inversións, nin sequera contestou poñendo de manifesto o pouco compromiso que teñen con estas obras”, engadiu.
Barreiro explicou que para os tres tramos de línea de AVE que discurrirán por Lugo sólo aparecen consignadas pequenas cuantías para estudios. A de Ourense-Lugo, que tiña dende o ano 2003 o estudio informativo rematado e que estaba só pendente da declaración de impacto ambiental, aparece presupuestada con 250.000 euros. Ás de Ponferrada-Monforte e Lugo-A Coruña, tamén só se lle asignan pequenas partidas para estudios, pese que a dende o 2003 xa tiñan adxudicados os estudios informativos.