Lugo, a 3 de outubro de 2008.- “Lugo non conta para o Goberno de Rodríguez Zapatero”. Esa é a principal conclusión que sacan os representantes do Partido Popular de Lugo no Senado, José Manuel Barreiro, Armando Castosa e María del Carmen Gueimunde, e no Congreso, Joaquín García e Raquel Arias, tras analizar as contas presentadas polo executivo.
“O reequilibrio territorial e a discriminación positiva da que falan os dirixentes socialitas cando se refiren a nosa provincia non se concreta despois en inversións que a fagan posible. Lugo é, de feito, a provincia galega que menos aportación do Estado recibe: un 12,8% fronte ó 36,6% de A Coruña, o 28,1 de Pontevedra e o 22,4% de Ourense, unha provincia de similares características á nosa”, indicaron.
“Lugo sae tan mal parado nas inversións previstas polo Goberno que o número dous socialista, José Blanco, nin sequera se atreve a vir aquí a defendelas e encárgalle esa tarefa ó secretario provincial, Lago Lage, quen fai unha interpretación surrealista das contas”, engadiron.
Lugo, suliñaron os populares, non só é a que menor aportación estatal recibe senón que, de seguir a tendencia dos últimos anos, tamén serán a que menor nivel de execución de investimento contabilice.
Así, segundo se desprende da resposta do Secretario de Estado de Planificación de Fomento, Victor Morlán, o pasado mércores á pregunta formulada a este respecto polos senadores lucenses, o nivel de execución dos orzamentos de 2007 na provincia de Lugo, pese a ser un exercicio xa pechado, é de só o 49 por cento.
Unha estimación realizada polo Partido Popular sobre o grao de execución das obras de infraestructuras máis significativas entre os anos 2004-2008 é do 47 por cento en Galicia, mentres que en Lugo no chega ó 30 por cento.
Non é certo tampouco, segundo salientaron os representantes populares lucenses en Madrid, que o Estado vaia a incrementar o seu investimento en Lugo o vindeiro ano, máis ben todo o contrario: reducirase un un por cento, dado que a taxa de inflación na provincia sitúase no 5,1 por cento. “Un dato que o Goberno pasa por alto e, polo tanto, esquece compensalo nas súas previsións”, puntualizaron os populares.
REDUCCIÓNS DRÁSTICAS.- Para os senadores e congresistas lucenses tamén “resulta “significativo” que cinco dos nove ministerios do Goberno socialista reduzan as partidas asignadas á provincia (algúns, coma o de Interior, Vivenda e Economía de xeito drástico, dado que a disminución é, respectivamente, do 97,7, 84,7 e 46,1 por cento) e que dous, Cultura e Ciencia e Educación, nin sequera “lle asignen partidas testimoniais. Lugo simplemente non existe”.
“Unha mostra máis”, aseguraron dende o PP, “da marxinación da que é obxecto Lugo nestes orzamentos”.
Unha marxinación que é igualmente extensible ás sociedade e entidades públicas. Así, a Seguridade Social, por exemplo, mengua un 46,7 por cento o seu orzamento con respecto ó ano pasado.
MÁIS RETRASOS NAS OBRAS DE FOMENTO.- Os cartos que o Ministerio de Fomento adicará á provincia o vindeiro ano foi especialmente reseñada polos respresentantes populares pola gran cantidade de obras aínda pendentes de execución e polo retraso que, a tenor das partidas consignadas, seguirán a acumular a meirande parte delas.
Así, salienton que desaparece dos orzamentos de Fomento a construcción da autovía Chantada-Monforte. Unha obra que estaba recollida no Plan Galicia e fora aprobada por todos os grupos no Congreso.
A Autovía do Cantábrico (A-8) sufrirá un retraso máis. “Algo lóxico”, salientaron dende o PP, “se temos en conta que Fomento precisará para construir o tramo Abadín-Castromaior, de pouco máis de tres quilómetros, sete anos”. Un exemplo da desidia do Goberno central é que dos 250 millóns que había presupuestados nos últimos catro anos para este vial non gastaron 70 millóns.
Unha mostra máis da falta de compromiso do Goberno é a Autovía Lugo-Santiago (A-54). Nos últimos catros anos o Executivo asignou a esta obra 32 millóns de euros dos que 24 millóns non se gastaron, polo que deixaron sen executar o 75 por cento do orzamento.
“É lóxico que os responsables de Fomento”, segundo explicaron en respota a unha pregunta formulada polos senadores lucense, “non foran capaces de establecer prazos de finalización porque un dos tramos Palas de Rei-Arzúa, a estas alturas, está sin definir”, engadiron.
O mesmo acontece coa autovía Lugo-Ourense (A-56), que dos 12 millóns de euros asignados para ela nos últimos catro exercicios aínda están pendentes de execución 5 millóns, o 40 por cento da obra.
NOVA PONTE SOBRE O MIÑO.- Atención especial mereceu a nova ponte de Lugo. O orzamento para 2009 é de 150.000 euros, un 96 por cento menos que o ano anterior.
Os populares lembraron que no ano 2004 o numero dous socialistas, José Blanco, prometeu que esta ponte estaría licitada no ano 2005. E no 2008 no Ministerio de Fomento aínda non saben se o enlace irá polo parque Marcos Cela.
CON ZP, LUGO NON TERÁ AVE.- O AVE non chegará a Lugo ata o 2018-2020 segundo salientaron tamén dende o PP. No caso do AVE Lugo-Ourense nestes últimos catro anos asignáronse 2,4 millóns de euros pero non se invertiron 2 millóns, polo que deixaron se executar o 79 por cento. Para o 2009 consignáronse só 250.000 euros e 100.000 para o 2010.
Tanto as líneas de AVE Lugo-A Coruña como Ponferrada-Monforte reciben partidas irrisorias tanto para o 2009 como para o 2010.
No que atinxe o AVE do Catábrico, como xa deixou claro a secretaria de Estado de Infraestructuras, non é prioritaria para o Goberno e, de feito, non hai consignación para el nos orzamentos do Estado do vindeiro ano.