Lugo, a 3 de outubro de 2008.- O Partido Popular de Chantada renovará o vindeiro día 8 de novembro a súa xunta local. A presentación de candidaturas, segundo marca o regulamento interno da formación política, poderán presentarse, como data tope dous días antes da celebración da votación, é dicir, o día 6 do vindeiro mes ás 12 horas.
Os populares lucense retoman así o proceso de renovación que están a desenvolver nas agrupación locais dende o pasado ano e que foi obxecto dunha paréntese motivada pola celebración do Congreso Nacional e os comicios xerais.
Á elección da nova executiva chantadina seguirá a de A Fonsagrada, que está previsto que teña lugar a mediados do vindeiro mes de novembro.
En Chantada retomarase, por tanto, ó intenso proceso de renovación que está incentivando a dirección provincial e que persegue afianzar a estructura organizativa do partido.