Partido Popular de Lugo

O GPPP CRITICA A DEMORA NAS OBRAS DE CONSERVACIÓN E MELLORA DAS VÍAS DE PROVINCIAIS

Lugo, a 2 de outubro de 2008.- O Grupo Provincial do Partido Popular amosouse moi crítico coas actuacións da Deputación no que atinxe ó matenemento e conservación das vías provinciais, que, segundo recalcan, presentan numerosas deficiencias. Ó entender dos populares o retraso que acumula a realización dos traballos xa adxudicados e a demora na presentación dos proxectos a acometer durante este ano é inxustificable. 

Así, o GPPP considerou que as explicacións dadas polo responsable da área Manuel Martínez no pleno do pasado luns non só confirman o retraso que acumulan as obras que estaban adxudicas polo anterior equipo de goberno senón que constatan que a día de hoxe non hai aprobado ningún proxecto novo para a conservación das vías provinciais corresponde o presente ano 2008. En resumo, durante este ano dende a Deputación non se fixo absolutamente nada que non estivera previsto xa polo anterior goberno provincial.

Ante esta situación, os populares pregúntase cómo é posible que o deputado delegado de Vías e Obras se sinta satisfeito do seu traballo a este respecto. 

En exercicios anteriores, segundo salientan dende o PP, estes plans de conservación estaban aprobados a principios de verán. Un exemplo máis de que o ritmo de traballo do organismo provincial é lento e que non se axusta ós prazos lóxicos que serían recomentadables.