Lugo, a 1 de outubro de 2008.- O Grupo Provincial do Partido Popular expresaron a súa queixa pola “falta de sensibilidade” do Presidente da Deputación que rexeitou incluír na orde do día do pleno celebrado onte a moción dos populares en apoio ó pequeño comercio.
O GPPP acusou a Besteiro de ter pouca “comprensión co sector” nun momento no que a crise económica está afectando, de forma moi significativa, ós seus negocios.
Os populares lémbraronlle ó Presidente da Deputación que non hai un límite de temas a incluir nas sesión plenarias e que é únicamente responsabilidade de Besteiro dar luz verde ós asuntos para debatir no seo da corporación provincial.
Esta actitude, que dende o GPPP non dubidaron en calificar “de pasotista”, demostra unha vez máis que o Presidente da Deputación vive fóra da realidade, e que non ten en conta que na nosa provincia hai moita xente que depende dos pequenos negocios e do comercio tradicional, a maioría de carácter familiar.
A proposta realizada polo PP, segundo salientaron, respondía ademais ás demandas formuladas polo propio sector durante o encontro celebrado o pasado xoves polo voceiro do Grupo Provincial Popular, José Manuel Barreiro, xunto cos deputados Manuel González Capón e José Manuel Mato Díaz, co Presidente da Federación de Comerico Galega e lucense José María Seijas e co Presidente do Centro Comercial Aberto José Sanchez Bergantiños.
Unha vez máis, ó entender dos populares, a Deputación dalle as costas a outro dos sectores productivos primordiais da nosa provincia.
PLAN DE AXUDAS.- A moción que presentou o PP propoñía que a institución provincial solicitara ó Goberno da Xunta de Galicia a elaboración e aplicación inmediata dun Plan de choque que permita combater os efectos da crise económica no comercio galego en xeral e no lucense en particular.
Esta acción de choque, segundo se recollía na proposta dos populares, incluiría o establecemento de medidas económicas, a través do IGAPE e de SODIGA, nas que se oferten productos financieiros específicos de axuda ó comercio; a posta en marcha dun Plan de equipamentos comerciais, así como a mellora da formación profesional a través da implantación de titulacións académicas novas ou actividades de formación específicas para o sector, e o establecemento de liñas de apoio que fomenten o asociacionismo.