Partido Popular de Lugo

BALSEIRO OROL:”PRACTICAMENTE A METADE DO ORZAMENTO DA CONSELLERÍA DE PESCA NO 2007 QUEDOU SEN GASTAR, SEN INVESTIR E SEN CONTRIBUÍR A APOIAR O SECTOR PESQUEIRO GALEGO”

Santiago, 1 de outubro de  2008.- O voceiro de Pesca do Grupo Popular, José Manuel Balseiro Orol, criticou hoxe no pleno do Parlamento que a Consellería de Pesca deixou de inverter no ano 2007 o 47,8% do seu orzamento, 131 millóns de euros fronte aos máis de 275 cos que contaba, o que amosa que mais da metade destes quedou sen gastar, investir ou contribuír a servir de apoio ao sector pesqueiro galego.

Na pregunta parlamentaria José Manuel Balseiro denunciou a  mala xestión da Consellería e o “boicoteo dos seus propios orzamentos” o que implica unha perda de oportunidades e un desprezo absoluto a un sector que está a pasar por un dos seus peores momentos. 

Practicamente a metade do total do orzamento para o ano 2007 quedou sen gastar nin investír  ao que hai que engadir que a Consellería é unha das que menor crecemento orzamentario rexistra. Así o deputado popular señalou que, por exemplo, nos orzamentos para o ano 2008 medraron só un 2,6% cando a media de crecemento da Xunta se sitúa no 7,3%. 

Estes datos contrastan, segundo Balseiro, co crecemento experimentado polos orzamentos da Consellería no anterior Executivo do PP, cunha media do 15 %  e un alto grado de execución dos mesmos. 

EXECUCION DO 100% PARA ASESORES E CARGOS DE CONFIANZA.- Para o deputado popular unha clara mostra do pouco interés da Consellería polo sector é que no capítulo 7, destinado á dinamización do sector empresarial da pesca, tan só rexistra un grado de execución do 31,1% pero, sen embargo, o presuposto previsto para asesores e persoal de confianza lograron a execución do 100%. “E todos estes números son suficientes para que dunha vez por todas tomen cartas no asunto e cesen ao equipo dirixente da Consellería” indicou Balseiro.

Para o voceiro popular os traballadores do mar, pescadores, mariscadoras e mariscadores, propietarios de embarcacións non teñen no Goberno galego un aliado como cabía esperar como o veñen a testemuñar os múltiples actos de protesta en todas as cidades galegas e en cada unha das vilas onde o mundo do mar constitúe a fonte principal de ingresos de moitas familias galegas.  

Para Balseiro a Conselleira mantén unha actuación nefasta para os intereses da pesca condenando ao paro a miles de mariscadoras, alentando a guerra no sector meixolloeiro, asfixiando  con indiferenza á pesca de baixura e de altura, e afogando  ás confrarías e aos portos galegos, que ten abandonados.  Así, ano tras ano, “asistimos a unha perda de oportunidades e a demoras na posta en marcha de programas e proxectos de gran importancia para a nosa pesca. Ante unha realidade así, señora conselleira, algúns avergonzados polo fracaso pensarían seriamente en devolver o seu soldo” indicou o deputado popular.