Partido Popular de Lugo

O PP CONSIDERA UNA BURLA AOS CIDADÁNS DA RIBEIRA SACRA QUE NO ACTO DE INAUGURACIÓN DO CENTRO AGROFORESTAL DE MONFORTE SE SERVIRAN AUGAS DE CATALUÑA E VIÑOS DE VALDEORRAS

Lugo, 29 de setembro de 2008.- O Partido Popular da provincia de Lugo considera que o acto de inauguración das reformas do centro agroforestal de Monforte foi “unha bulra e un acto de desprecio” hacia os cidadáns da Ribeira Sacra, porque durante o mesmo servíronse augas minerais catalanas e viños de Valdeorras, cando na comarca hai un bo viño e ademais hai empresarios da zona de auga mineral.

A presencia de Quintana e de Suárez Canal foi denigrante ó permitir semellante atentado á identidade da Ribeira Sacra, co que se demostra o fariseismo e a falsedade do discurso político do BNG, que di unha cousa e xusto no momento  no que a di, fai radicalmente a contraria: “promocionar a Ribeira Sacra, cousa coa que estamos de acordo, e darnos de beber, ó mesmo tempo viños e augas de fóra”.

Os populares consideran que o balance do BNG coa comarca redúcese a incumplimentos, porque de todo o que levan prometido nada levan feito.