Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR ANUNCIA QUE INTENSIFICARÁ AS ACCIÓNS PARA REIVINDICAR SERVIZOS FERROVIARIOS DIGNOS E PRAZOS E COMPROMISOS CONCRETOS PARA O AVE

Lugo, a 29 de setembro de 2008.- O Partido Popular de Lugo deu está mañá un novo paso para pedir máis, e mellores servicios de ferrocarril para a provincia.  Despois de realizar unha “viaxe simbólica” a bordo do tren Arco que  Renfe puxo como enlace para coller en Monforte o Alvia a Barcelona, e logo de comprobar “in situ” as incomodidades que sufren os pasaxeiros que realizan o trasbordo, os populares declararon que “intensificarán as accións para impedir que o goberno de ZP continúe desmantelando os servicios que hai na provincia”. Os dirigentes do Partido Popular consideran insostible a actual situación e propoñen a unidade política e cidadá para cambiala.

 O Presidente Provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro, estivo  acompañado polo Secretario Xeral, José Manuel Balseiro e os deputados nacionais, Joaquín García Díez y Raquel Arias, así como por deputados autonómicos, alcaldes e concelleiros de Lugo e comarca de lemos.

“A marcha do Talgo de Lugo é unha mala noticia. A Ministra  Fomento intenta enganar aos cidadáns dicindo que facendo este trasbordo aforramos dúas horas de viaxe. Que suban eles e comproben o gran avance que intentan vendernos. ¿esta é a discriminación positiva dos socialistas con Lugo?, ¿estas son as melloras que nos propoñen los que nos gobiernan?. Apañados imos”, afirmou José Manuel Barreiro.

O Presidente Provincial tamén se referiu aos retrasos que acumula o AVE “en cato anos e medio o PSOE non fixo absolutamente nada, nin un só avance. Está claro que a alta velocidade en Lugo é un soño, ainda que os dirixentes socialistas se empeñan en prometer, campaña tras campaña que é a súa obra prioritaria. De momento seguimos sen prazos e sen compromisos orzamentarios”.

O Presidente Provincial explicou que esta  acción “a pé de rúa” se complementa coas iniciativas de ámbito, local, provincial, autonómico e nacional que se rexistraron nos últimos días. A máis inmediata en debatir será a deste martes, na deputación, onde o PP defenderá unha moción sobre a situación ferroviaria da provincia.

Lugo é a provincia española con peores comunicacións por tren.-

A elección de  Monforte, para facer un chamamento á movilización social e política en defensa do ferrocarril, non foi casual xa que este punto foi durante moitos anos un importante nudo de comunicación ferroviaria”.

 Os populares non só protestaron pola supresión do Talgo directo con Madrid senon que tamén puxeron varios exemplos cos que demostraron que Lugo é a provincia de España con peores comunicacións por tren.

Lugo non ten  tren directo ata o País Vasco tren, un servizo que si  dispoñen outras capitais galegas como Ourense, Santiago, Vigo e A Coruña

  • VIAXAR DENDE LUGO A VIGO (FACER TRANSBORDO EN MONFORTE): 200 KM DE DISTANCIA: 11 HORAS.
  • VIAXAR DENDE LUGO A VIGO (POR A CORUÑA): 256 KM: 5 HORAS.
  • VIAXAR DE MONFORTE A PONFERRADA: 190 KM: MÁIS DE 3 HORAS (O MESMO QUE FAI 20 ANOS)
  • VIAXAR DE LUGO A OURENSE: 2 HORAS (NON CIRCULA TODOS OS DÍAS)
  • UNHA PERSOA QUE VIVA EN QUIROGA E QUERA IR A CORUÑA: 3 HORAS E MEDIA.
  • VIAXAR DE LUGO A CORUÑA EQUIVALE A FACER 14 PARADAS NO TRAXECTO.
  • VIAXAR DE SARRIA A VIGO SON 9 HORAS.
  • VIAXAR DE RIBADEO A FERROL SON 3 HORAS.

Á vista destes dos horarios e das frecuencias ferroviarias que temos na provincia está claro o abandono deste medio de transporte.

 

Plataforma Lugotambienexiste.-

A supresión do Talgo directo que une a capital da provincia coa cidade condal foi o detonante da creación da plataforma lugotamenexiste e, de xeito paralelo, se rexistraron iniciativas en todas as institucións para debater tanto a nivel local, provinicial como autonómico. Á última actuación, exitosa, foi gracias a presión exercida polo deputado nacional, Joaquín García Díez, que conseguiu o compromiso da Ministra de Fomento para que Lugo teña un  tren hotel de enlace con Madrid que substituirá o vello Estrella.

García Díez , explicou que o pasado xoves os deputados nacionais do PSOE e o BNG votaron en contra dunha Proposición Non de Lei do PP que se debateu na Comisión de Fomento para tratar de acelerar as obras da chegada do AVE a Galicia e que entre outros, figuraban os tramos que afectan a Lugo: Ourense-Lugo; Lugo-A Coruña, e Ponferrada – Monforte.

O Partido Popular instaba para que se axilizasen os trámites pendentes coa idea de que  se procedese a tramitar e licitar conxuntamente proxecto e obra durante 2009 e 2010

 

Buscando apoios.

Ao marxe deste acto reivindicativo o Partido Popular ten programado un calendario de xuntanzas con distintos colectivos coa idea de analizar a situación do ferrocarril da provincia  e buscar apoio para reclamar máis e mellores servicios. Esta mesma tarde, en Monforte, a deputada nacional, Raquel Arias, entrevistarase coa Asociación de Empresarios coa idea de recabar o apoio deste colectivo.

A  deputada nacional e alcaldesa de Sober, insistiu no abandono que padece o sur de Lugo por parte das distintas administracións , e que ten no tren un dos expoñentes máis representativos.  Pediu ao goberno central “que deixe de enganar ós veciños  tal como é o caso da variante de Canaval, da que o PSOE fala continuamente como si xa estivera rematada cando a realidade é que nin se coñece a data de inicio da mesma; e que dunha vez se poñan a gastar cartos (e non só presupuestalos) para que Lugo conte cun servicio ferroviario digno.”