Partido Popular de Lugo

BARREIRO: “HAI QUE ATALLAR A DESBANDADA DE XÓVENES QUE MARCHAN FÓRA DE LUGO A BUSCAR TRABALLO

Lugo, 27 de setembro de 2008.- “Está moi ben pasalo ben, pero cando o teñen que pagar os  pais a determinadas idades non é sano …, os gobernantes temos que buscar solucións” deste xeito iniciaba, o Presidente Provincial, José Manuel Barreiro a súa charla.

 Un dato significativo que reflicte as consecuencias da crise económica entre os mozos é que “o 20% dos  menores de 35 anos, que compraron unha casa, nestes dous últimos anos, víronse na obriga de volver cos seus pais porque non podían facer fronte á suba das hipotecas”.

Outra consecuencia da difícil situación que vive o país, é que “o  45% dos mozos de, entre 18 e 29 anos,  se plantexaron buscar traballo para axudar en casa”.

Con respecto ao aluguer Barreiro “hai xóvenes, maiores de 30 anos, que viven cos seus pais porque  cobran un sueldo ínfimo  e élles  imposible acceder a unha vivenda.  Debemos adaptar as políticas  ás necesidades reais e por iso pedimos que se amplíen as axudas de aluguer ata os 35 anos, (agora o límite está nos trinta)”. 

 Fuga de empresas.-

José Manuel Barreiro referiuse a fuga de empresas por falta de solo empresarial:  “aquí en Lugo, pola incapacidade dos socialistas en axilizar o polígono das Gándaras perdemos oportunidades de crear postos de traballo como consecuencia do éxodo de empresas a outros parques empresariais”, puntualizou Barreiro.

Durante o coloquio que o Presidente Provincial entablou cos xóvenes, Barreiro aportou datos que poñen de relevo que se necesita un cambio. Hai que evitar que se repita a desbandada de xente moza que marchou de Lugo para buscar un traballo “en 2007 foron máis de 9.000 mozos e mozas, menores de trinta anos, os que se viron obrigados a buscar fóra da provincia o seu futuro”

Barreiro comparte a preocupación da mocidade que sufre de forma especial as consecuencias da situación  económica del pais: “Lugo é a provincia peor parada no tocante ás contracións xuvenís. A porcentaxe de xóvenes que accederon a un posto de traballo en 2007 foi de 45,75%, unha cifra inferior a do resto das provincias galegas.

O deterioro do mercado laboral tamén inflúe na taxa de movilidade que en Lugo alcanza ao 18% dos xóvenes.

Outros temas de interese.-

Ademais do emprego os xóvenes  que participaron nesta charla coloquio tamén mostraron a súa preocupación polo encarecemento da vivenda, criticaron a escasez de garderías que permitan unha conciliación familiar adecuada, e tamén falaron das dificultades para utilizar internet na zona rural … etc