Lugo, 25 de setembro de 2008.- O Partido Popular continúa promovendo accións para reivindicar un tren digno na provincia. Dentro do calendario de reunións que o Presidente Provincial dos populares está a levar a cabo, José Manuel Barreiro recababa hoxe o apoio dos representantes do pequeno comercio lucense.
Nunha reunión que mantivo na sede do Partido Popular José Manuel Barreiro, informou tanto ao Presidente da federación Lucense de comercio, José María Seijas. como ao responsable de Lugo centrum, José Sánchez Bergantiños, das últimas iniciativas que cargos do Partido Popular presentaron en distintas institucións para reclamar a atención dos dirixentes socialistas sobre a situación do tren na provincia “ semella que se olvidaron que Lugo tamén existe”.
“A nosa bandeira é a da defensa dos intereses da provincia e parécenos que un dos elementos básicos é dispoñer de alta velocidade, mentres non chega, hai que apostar por un tren decente”, puntualizou Barreiro. O voceiro do Grupo Provincial considera que é necesaria unha resposta social e anuncia que continuará entrevistánse con distintos sectores afectados.
Que se aclare a Ministra.-
Con respecto á intervención da Ministra de Fomento pediu que se aclarase poñendo en tea de xuizo a súa promesa. “Primeiro o compromiso hai que ver si se materializa, e segundo hai que ver si a Ministra ten claro o que vai poñer si é o hotel que ven de día ou de noite”.
Viaxe a Monforte.-
O Presidente Provincial tamén anunciou que cargos do PP viaxarán a próxima semana no tren Arco que comunica Lugo e Monforte. Á chegada á cidade do Cabe está previsto que se desenvolva un acto reivindicativo no que participarán alcaldes, voceiros e ediles dos concellos da comarca terra de lemos.