Partido Popular de Lugo

FOMENTO CONTINUA “DANDO LARGAS” E SEGUE SEN CONCRETAR PRAZOS PARA AS INFRAESTRUCTURAS DE LUGO

Lugo, 24 de septiembre de 2008.-  É inadmisible a desidia do goberno socialista de Madrid no tocante ás infraestructuras da provincia de Lugo”, das seis preguntas que o senador popular presentou na cámara baixa, hai catro meses, tan só lle contestaron a dúas delas.

José Manuel Barreiro interesouse polo estado de execución de seis infraestructuras: a Autovía Chantada-Monforte; Autovía Lugo-Santiago; Autovía Lugo-Ourense e tamén polo AVE Lugo-Coruña; AVE Lugo-Ourense; AVE Monforte-Ponferrada

Barreiro tan só recibiu contestación das dúas primeiras, as autovías Chantada-Monforte e Lugo-Santiago. Para o senador é “insultante” que segan sen concretar prazos e que lle respondan é “prematuro establecer con suficiente rigor una fecha exacta para la finalización de las obras” .

Ó senador popular chámalle a atención que se pasen por alto ás tres preguntas sobre o AVE e sobre a autovía Lugo-Ourense. “A Ministra de Fomento nin tan sequera se atreve, ou non quere, ou non pode dar ningún tipo de resposta con respecto á chegada da alta velocidade”.

CHAMAMENTO AOS CARGOS DO PSOE.- Ante esta situación de desinterese do Ministerio de Fomento José Manuel Barreiro fixo un chamamento aos cargos electos do PSOE de Lugo, “empezando polo señor José Blanco”, para que presionen a favor de Lugo “que se note a discriminación positiva da que tanto falaron”.