Partido Popular de Lugo

O GPPP RECLAMA O APOIO URXENTE DA DEPUTACIÓN PARA O PEQUENO COMERCIO DA PROVINCIA

Lugo, a 23 de setembro de 2008.-  O voceiro do Grupo Provincial Popular, José Manuel Barreiro, xunto cos deputados provinciais Manuel González Capón e José Manuel Mato Díaz celebraron, este mediodía, unha reunión co Presidente da Federación de Comerico Galega e lucense, José María Seijas e co Pte do centro comercial aberto, José Sanchez Bergantiños.

 Nesta xuntanza se abordaron distintas cuestións relacionadas coa revitalización do pequeno comercio. A sensibilidade dos populares, á hora de apoiar ao comercio da provincia, materialízase nunha  proposta moi concreta” establecer un Plan de axudas específico para este sector”. Para posta en marcha desta acción  pedirán, o vindeiro martes, no pleno da deputación, o apoio dos deputados nacionalistas e socialistas.

Plan de axudas.-

O PP propón que a institución provincial solicite ao Goberno da Xunta de Galicia a elaboración e aplicación inmediata dun Plan de choque que permita combater os efectos da crise económica no comercio galego en xeral e no lucense en particular

Esta acción de choque, segundo se recolle na proposta dos populares, incluiría o establecemento de medidas económicas, a través do IGAPE e de SODIGA, nas que se oferten productos financieiros específicos de axuda ó comercio; a posta en marcha dun Plan de equipamentos comerciais, así como a mellora da formación profesional, a través da implantación de titulacións académicas novas ou actividades de formación específicas para o sector, e o establecemento de liñas de apoio que fomenten o asociacionismo. 

Apoio urxente para paliar os efectos da crise.-

José Manuel Barreiro puntualizou que ningún sector productivo da nosa provincia é alleo ós efectos da crise económica e que o comercio é moi sensible á perda do poder adquisitivo dos consumidores. «O pequeno comercio enfrontase a unha situación crítica como consecuencia da súa falta de rendibilidade pola reducción de ingresos e o mantementode gastos”.

“Na nosa provincia os pequenos negocios de comercios tradicionais a maioría de carácter familiar, forman un tecido empresarial vital e son unha importante fonte de emprego e de actividade económica” polo que os populares reclaman á Deputación que se implique e apoie o paquete de medidas que presentan na iniciativa que se vai debatir o vindeiro martes.

Segundo as estimacións realizadas polo propios afectados  un dez por cento dos aproximadamente 6.000 comercios existentes poderían pechar as súas portas como consecuencia da drástica rebaixa das vendas.