Lugo, 23 de setembro de 2008.- Os deputados provinciais do Partido Popular insistiron hoxe en denunciar os excesivos gastos “de autobombo” do Presidente da Deputación, “unha debilidade que incluso o seu socio de goberno, Antón Bao, lle vén de recriminar públicamente”.
José Manuel Barreiro pediu responsabilidade ao bigoberno da deputación “o feito de que o vicepresidente lle dé un tirón de orellas ao Presidente porque gasta de máis na compra dun coche ou en propaganda demostra o distanciamento que existe nesta coalición”.
Ademáis das discrepancias entre os socios de goberno Barreiro referiuse os conflictos internos por protagonismos entre os diputados socialistas.
OPE 2007.-
Outro tema polo que se interesou o voceiro do Grupo Popular é polo futuro das 65 persoas afectadas pola sentenza da oferta pública da Deputación de 2007. “Non bastan as mensaxes de tranquilidade aos afectados”. O voceiro popular acusou a Besteiro de non dala cara nun tema “tan sensible” coma este. Os populares criticaron que o equipo de Besteiro se limite a dicir que teñen, por lei, dous meses para decidir que se fae con esas prazas.
Para Barreiro, o problema é de Besteiro, como presidente, “e non vale darlle voltas á tortilla: hai persoas afectadas, moitas, e a responsabilidade é de quen goberna”. Agora hai que aportar solucións que contemplen unha temporalización do proceso que se seguirá, e esto só pode facelo públicamente o presidente, os populares se preguntan ¿por que tivo presa para comparecer ante a prensa cando soubo que o PP lle pedira por escrito información no pleno sobre a viaxe a Sudamérica e agora cala a boca e crea incertidume?”. “O presidente está para gobernar, se é que sabe, e non para agochar a cabeza baixo da ala, porque o pasado venres quen tiña que comparecer era el, con solucións”.
Falta de traballo e mala xestión .-
Os deputados provinciais tamén fixeron fincapé no seguemento das obras e actuacións en materia de dotación de infraestructuras da Deputación. Destacou que no que vai de mandado do bigoberno, non se aprobou nin un só proxecto que non estivese incluído nos planes provinciais, o que dá idea da vagancia e pereza na que está sumido o presidente Besteiro. Lembrou que a estas alturas de ano, xa comenzando o outono, ainda non pasou pola xunta de goberno nin un só proxecto de conservación da rede viaria provincial.
Reunións comarcais.-
Esta é a terceira sesión de traballo con cargos do partido que o Presidente Provincial desenvolve no que levamos de semana: o sábado fixoo cos deputados autonómicos, onte cos concelleiros do grupo popular de Lugo e hoxe cos deputados provinciais. “A idea é buscar todos os cauces posibles para estar cerca da xente e facer chegar a nosa acción política á cidadanía”.
Ao remate da reunión, e nunha rolda de prensa de todo o GPPP, o seu portavoz José Manuel Barreiro anunciou que o GPPP desenvolverá un plan de traballo que os moverá polas distintas comarcas da provincia, “a idea é manter contacto directo cos alcaldes e voceiros do partido”. Barreiro defendeu que “só pisando e palpando a realidade se pode ter un coñecemento amplo e obxectivo dos problemas que preocupan aos lucenses en cada zona”.