Partido Popular de Lugo

O GPPP RECOMÉNDALLE A GATO QUE DEIXE DE OBSESIONARSE CO PASADO E GOBERNE POÑENDO RIBA DA MESA SOLUCIÓN

Lugo, 22 de setembro de 2008.- O voceiro adxunto do PP pide  aos socialistas en xeral, e o Sr. Gato en particular, que todos os esforzos que derrochan en criticar ó PP, os invistan en traballar  “parecen olvidar que agora son goberno, e que son os que teñen na súa man a resolución dos problemas”.

José María González Barcia, insiste no fiasco do traspaso de estradas á deputación provincial e  afirma que a falta de traballo dos socialistas  provocou dúas cousas:

– Que a Deputación a día de hoxe, e dous meses despois da reunión coa conselleira de Política Territorial polo traspaso de estradas, ainda non teña elaborada ningunha memoria ou informe,

– Que o portavoz socialista, Gato Soengas, descoñecera precisamente a documentación que a Xunta aportou nesa reunión, e que a día de hoxe é a única que existe na Deputación, froito desa xuntanza de Xullo.

Barcia, recoméndalle a Gato que deixe de obsesionarse polo pasado e que evite facer de oposición de oposición, como o demostra citando a Fraga. O voceiro adxunto dos popular pídelle que estea máis atento “se non fose tan distraído, seguramente os proxectos de conservación de estradas para este ano 2008 xa estarían aprobados e licitados, que boa falta fan, ou simplemente xa tería arreglados os desperfectos da estrada de Ombreiro, que el coñece bastante ben, e non falemos dos desbroces das vías provinciais; igualmente, estarían xa hai tempo xustificadas e  pagadas varias subvencións correspondentes ó ano 2006 que el paralizou personalmente, supoñemos que tamén por distracción ou despiste, ou froito desa obsesión polo pasado”.

Barcia lémbralle a Gato que ”nin el nin a Deputación fixeron nada, absolutamente nada, por solucionar o problema da recollida do lixo en certos concellos, fundamentalmente do rural, tal e como pedira o PP hai xa un ano”.