Partido Popular de Lugo

FRONTE Á PROMESA DE TOURIÑO DE INCREMENTAR O ORZAMENTO DE EDUCACIÓN NUN 25% ANUAL, ESE DEPARTAMENTO MEDROU SEMPRE MENOS QUE A MEDIA DAS DEMAIS CONSELLERÍAS

Santiago, 22 de setembro de 2008.- A voceira de Educación do Grupo Popular, Manuela López Besteiro, recoñece a sinceridade do responsable de Educación do PSOE en Galicia, que esta mañá admitiu que a Xunta rematará a lexislatura sen materializar os grandes compromisos educativos adquiridos por Touriño na pasada campaña das Eleccións autonómicas.

Das declaracións de Gillermo Meijón despréndese que a Xunta está moi lonxe de incrementar o  presuposto de Educación un 25% anual, como se comprometera Touriño. É máis, nos últimos tres exercicios presupostarios, os recursos económicos de Educación incrementáronse sempre por debaixo da media das diferentes consellerías da Xunta. E fronte ao falso optimismo socialista, un recente informe acreditaba que tan só no primeiro ano de xestión do Goberno bipartito Galicia incrementou nun 1,2% o fracaso escolar e descendeu do 5º ao 6º lugar no conxunto do Estado.    

ODENADORES AMOREADOS NUN CENTROS, E CARENCIAS NOUTROS.- Paralelamente, López Besteiro agrega que aínda está moi lonxe de cumprir a promesa, tamén efectuada por Touriño, de dotar aos centros con un ordenador por cada dous alumnos. Na práctica, a situación é ben distinta e Educación distribúe os equipos informáticos aos centros sen ter en conta as súas necesidades e sin acometer un plan de formación para manexalos.

Esta desorganización provoca que, ao igual que nos cursos pasados, en algúns centros haxa material informático sen utilizar, mentres que outros presentan serias carencias.

A voceira de Educación do Grupo Popular agrega que un recente informe elaborado pola Universidade de Santiago pon de manifesto o descontento xeneralizado provocado polo sistema de préstamo libros de texto entre os diferentes profesionais que interveñen neste proceso, desde o persoal docente aos editores, pasando polas librerías. Conclúen que o  máis axeitado sería implantar un sistema de cheque-libro que outorgase a propiedade do material aos alumnos, en lugar do préstamo actual.

Tamén neste eido, continúa sen materializarse a promesa de Touriño de dotar aos centros de educación infantil e primaria de un auxiliar administrativo para ocuparse, entre outras, das tarefas de clasificación e distribución do material escolar. Pola contra, a Xunta optou por malgastar 100 millóns das antigas pesetas en contratar a unha empresa para desenvolver labores de intermediación entre os centros escolares e as librerías e que, na práctica, sobrecargou aos colexios de burocracia sen implicar beneficio algún.