Lugo, 22 de setembro de 2007.- Os concelleiros do Partido Popular de Lugo celebraron, esta mañá, unha xuntanza de traballo co Presidente Provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro.
José Manuel Barreiro explicou que este encontro enmárcase dentro dun calendario de entrevistas que, dende esta mesma fin de semana, está manter con distintos cargos do partido “este será un curso político do máis animado. Non só pola cercanía das eleccións autonómicas, no ámbito máis local temos que valorar si Orozco merece o noso apoio aos vindeiros orzamentos. Barreiro insistiulle a Orozco “que dedique máis tempo a ser alcalde de Lugo que o que lle dedica a ser militante socialista”
Barreiro convocou aos concelleiros para animarlles a que continuen desenmascarando e poñendo riba da mesa os incumprimentos do goberno socialista coa cidade.
Pola súa banda, o voceiro do Grupo Municipal, Joaquín García Díez, avanzou que reanudarán, nos próximos días, un apretado calendario de visitas e que peinarán todo o municipio “boa parte do traballo que facemos dende o grupo vén marcado polas reclamacións e as propostas dos veciños”.
Plan de traballo.-
José Manuel Barreiro explicou que a idea destes encontros é marcar un plan de traballo para “consensuar as actuacións dende diferentes posicións institucionais do Partido”. De feito e cun formato similar o Presidente Provincial dos populares se reunirá mañá ás 13:00 horas cos deputados provinciais, e están previstos outras reunións similares con senadores e deputados nacionais.
Barreiro avanzou que se intensificarán as accións para demandar, concello por concello, as infraestructuras que coa chegada do bipartito se paralizaron ou retrasaron: “Levaremos a nosa oficina á rúa, empezaremos con reunións comarcais para chequear e verificar os incumprimentos do goberno da Xunta”.
O Presidente Provincial explicou que os seus serán tamén moi combativos na reivindicación dun ferrocarril digno para provincia e recalcou que non se pode admitir que “se borre a Lugo do mapa”.