Partido Popular de Lugo

BARREIRO PREGUNTASE “A QUE VEU TOURIÑO A LUGO”

Lugo, 20 de setembro de 2008.- A explanada do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo foi o escenario que elixiron os deputados autonómicos do Partido Popular lucense para recriminar “a falta de valentía dos dirixentes socialistas que onte, nun acto de partido que se celebrou en Lugo, esquencéronse de falar de proxectos vitais para cidade que están retrasados ou paralizados”, “Touriño demostrou que non hai xestión que vender, nin proxectos novos, nin tan sequera comprometeron prazos”.

O Presidente Provincial, José Manuel Barreiro, parafraseaba a Mariano Rajoy preguntándose “¿a qué ha venido usted aquí, señor Touriño?.

O líder dos populares lucenses anunciou que durante os próximos meses “os seus porán” todo o seu empeño en desenmascarar “o autobombo e a propaganda do PSOE”. Barreiro afirmou que o curso político será moi animado” e avisou aos socios do bigoberno da Xunta: “Chegou o momento de demostrar o compromiso con Lugo, é hora de que as promesas pasen a ser realidades”, puntualizou Barreiro.

OROZCO E LAGO LAGE.- Ao alcalde Orozco pediulle que fose máis reivindicativo cos “gobernos amigos tanto na Xunta como en Madrid” porque Lugo necesita dun alcalde comprometido coa cidade e non cos intereses de partido. José Manuel Barreiro pediulle que antes de falar do traballo doutros partidos mirase na súa casa ¿lle gustaría a vostede que seguiramos o exemplo  do coordinador socialista e senador Lago Lage que no que levamos de lexislatura ainda non presentou nin unha soa iniciativa en Madrid?. ¿Está vostede dacordo coa falta de respecto do goberno de ZP que nin se dignou a  responder a cantas iniciativas temos presentadas?. “Respecto ao meu traballo no senado quero lembrarlle ao señor Orozco que ademais de sentirme moi orgullo de ser o senador galego con máis apoio, e o que leva registradas máis iniciativas no que vai de legislatura,  preto de 250 iniciativas, a práctica totalidade delas interesándose pola provincia de Lugo”.

Barreiro fixo estas declaracións logo de manter unha reunión de traballo cos deputados autonómicos na que se marcaron as estratexias e accións para levar a cabo estes meses previos ás eleccións autonómicas. No que queda de mes o Presidente Provincial ten previsto repetir encontros similares con outros cargos do partido como son os deputados provinciais, nacionais e senadores. Os máis inmediatos o luns  cos concelleiros do Grupo Municipal de Lugo e o martes cos deputados provinciais.

UN TREN DIGNO.- Os populares explicaron que serán combativos na reivindicación dun tren digno para a provincia “hai que evitar por todos os medios que Lugo quede borrado do mapa”. O presidente do PP de Lugo non pasou por alto a necesidade da posta en marcha dun bo servizo de cercanías, logo de que Renfe suprimise o Talgo que fai o percorrido A Coruña-Barcelona.

Nese senso os deputados autonómicos súmanse as iniciativas que xa se registraron tanto no concello como na deputación de Lugo, e anuncian que tamén pedirán explicacións no parlamento galego da situación de marxinación na que se encontra a provincia.

INCUMPRIMENTOS.- Os deputados autonómicos lembraron a parálise total do AVE Lugo-A Coruña, que leva en redacción de estudio informativo desde agosto de 2003; que o AVE Ourense-Lugo leva case cinco anos pendente da Declaración de Impacto Ambiental; que o AVE Trascantábrico desapareceu en Galicia e que da conexión con Castela (AVE Monforte-Ponferrada), nunca máis se soubo. ‘Hoxe por hoxe –dixo- o AVE na provincia non estará nin no 2020, xa que non se poden facer previsións cando o traballo é cero’.

Os populares tamén recordaron que as autovías se atopan nunha situación moi similar á do AVE. ‘As autovías Lugo-Ourense, Lugo-Santiago e Lugo-Sarria-Monforte levan catro anos de retraso; e a autovía do Cantábrico acumula retrasos de máis de tres anos’.

Por último Barreiro preguntalle a Touriño si para 2009, tal e como prometeron, ía estar en funcionamento o novo Hospital; tamén pedíulle explicacións aos dirixentes socialistas do retraso na construcción do polígono industrial das Gándaras ou, porque despois de nove anos con alcalde socialista Lugo segue sen un auditorio digno.