Partido Popular de Lugo

Manifesto do PPdeG ante o anuncio do Goberno central de recortar os ingresos dos concellos

Compostela, 19 de setembro de 2008-. A crise económica que padecemos en España e en Galicia están a agravar aínda máis a sempre delicada situación das Facendas Locais.
OS PRIMEIROS PREXUDICADOS POLA CRISE ECONÓMICA SON OS CIDADÁNS; E, POR TANTO, A ADMINISTRACIÓN Á QUE MÁIS LLE AFECTA ESTA CRISE É A ADMINISTRACIÓN MÁIS PROXIMA AOS CIDADÁNS, A ADMINISTRACIÓN MUNICIPAL.

A pesar de dispoñer esta administración local de menos do 14% dos recursos públicos do Estado, os concellos seguen a atender as demandas cada vez máis crecentes dos veciños.
Sería imposible entender Galicia sen os concellos. Os concellos teñen moita máis importancia que as Comunidades Autónomas, os concellos son a base da democracia de calquera Estado.
Pero agora a situación se torna crítica: a crise está a frear o desenvolvemento e a diminuir os ingresos na construcción, unha diminución que xa este ano se sitúa no 35%, o que vai provocar que no 2008, tan só por esta actividade, os concellos galegos deixen de percibir cando menos 20 millóns de euros dunha fonte de recursos que representa máis dunha quinta parte do total dos seus ingresos. E o preocupante é que a diminución será sen lugar a dúbidas maior no vindeiro ano.

A situación é insostible: Ademáis da caida dos ingresos pola crise, súmanse as DIFICULTADES EXTRAORDINARIAS PARA PODER ACCEDER A CRÉDITOS BANCARIOS.

Os municipios galegos camiñan practicamente AO BORDE DO ABISMO FINANCEIRO, o cal compromete os servicios básicos aos nosos veciños.

Os concellos gobernados polo Partido Popular de Galicia, conscientes da súa responsabilidade á hora de afrontar esta situación, SE COMPROMETERON A ACOMETER UN PLAN DE AUSTERIDADE DE CONXELACIÓN E DE REDUCCIÓN, presentado no mes de xullo, escomenzando pola CONXELACIÓN dos soldos de todos os cargos políticos e a REDUCCIÓN dos gastos correntes, co compromiso inescusable de manter integramente as partidas de carácter social.

O Partido Popular de Galicia entende que, en tempos de crise, débense reducir os gastos que as administracións destiñan en si mesmas; pero EN NINGÚN CASO ADMITE QUE SE REDUZAN OS GASTOS QUE SE DESTIÑAN DIRECTAMENTE AOS CIDADÁNS. É por elo que non podemos aceptar que se recorten os recursos que os concellos dispoñen para este fin, tal e como se entende dos pasos que está a dar o goberno central no referido ao financiamento local.
A CRISE NON HAI QUE TAPALA, HAI QUE ATALLALA. E o goberno non atallará a crise tratando de tapala abrindo crises maiores noutras administracións.

OS CONCELLOS SON AS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS MÁIS PEQUENAS, PERO SON TAN BÁSICAS, NECESARIAS E IMPORTANTES COMO O PROPIOS GOBERNOS CENTRAL E OS PROPIOS GOBERNOS AUTONÓMICOS.

Lamentablemente a Xunta de Galicia está a incumprir cos veciños e as veciñas de Galicia. Todas as forzas políticas galegas confiamos na Xunta cando asinamos o pacto local. Tres anos despois este pacto está incumplido nun 90%.

O pacto local convertiuse tan só nunha cousa, que a Xunta paga o combustible dos centros escolares.

De 60 millóns de euros comprometidos pola Xunta aos concellos o 90% desta cantidade está sen abonar.

Por tanto, os concellos gobernados polo Partido Popular de Galicia reclamamos:

1. Un COMPROMISO GLOBAL DE TODOS OS GOBERNOS MUNICIPAIS, sexan do color político que sexan, para que nas contas públicas dos concellos se opte pola AUSTERIDADE, lonxe dos gastos superfluos que, como por exemplo despois das últimas eleccións municipais, se dispararon, un 40% de media, para manter os gobernos bipartitos das cidades galegas.

2. Pedimos unha RECTIFICACIÓN DO GOBERNO CENTRAL no referido Á SÚA INTENCIÓN DE RECORTAR OS RECURSOS DOS CONCELLOS PORQUE SIGNIFICARÍA RECORTAR OS SERVICIOS QUE SE PROPORCIONAN AOS VECIÑOS.

3-. Solicitamos o cumplimento da palabra dada, o cumplimento do pacto local de Galicia, consensuado entre todas as forzas políticas (PPdeG-PSOE-BNG), coa Xunta de Galicia. A Xunta de Galicia está a incumplir o pacto local nun 90%.

4. Pedimos o COMEZO INMEDIATO DAS NEGOCIACIÓNS PARA REFORMAR AS FACENDAS LOCAIS, vinculándoas –de acordo co compromiso adquirido por Zapatero no seu discurso de Investidura-, á propia reforma do sistema xeral de financiamento autonómico.
Estaremos vixiantes ante a tentación de prexudicar aos concellos para intentar cumprir os «compromisos políticos» adquiridos con determinadas Comunidades Autónomas.ç

Non podemos solventar un problema creando outro.

Necesitamos contar con recursos necesarios para poder seguir atendendo os servizos que temos encomendados.

Hoxe os alcaldes do PPdeG alzan a súa voz e reclaman sensatez e sentido común ao presidente do Goberno, ao da Xunta e ao vicepresidente económico.

SO DESDE A SENSIBILIDADE CARA Á ESTAS REIVINDICACIÓNS OS CONCELLOS GALEGOS EVITARÁN O ABISMO ECONÓMICO E PODERÁN SEGUIR AVANZANDO NO BENESTAR DOS VECIÑOS E DAS VECIÑAS DE GALICIA.