Partido Popular de Lugo

BARREIRO TEME QUE BESTEIRO INTENTE ESQUIVAR AS EXPLICACIÓNS EN PLENO DA VIAXE A SUDAMÉRICA

Lugo, 17 de setembro de 2008.- O voceiro do Grupo Provincial lamenta o desprezo do Presidente da Deputación ao pleno da corporación. José Manuel Barreiro fixo estas declaracións ao fío do informe sobre a viaxe a sudamérica que fixo público, diante dos medios de comunicación,  o máximo mandatario do organismo provincial. Dende o Grupo Provincial  temen que esta “aparición forzada” responda a unha estratexia de Besteiro para esquivar a comparecencia en pleno que os populares veñen de solicitar para que se de conta, con todo detalle, dos gastos e dos resultados desta viaxe.

Dende o Grupo Provincial do PP aclaran que é positivo  que haxa a maior transparencia informativa posible, pero “senon ten nada que ocultar, e sabendo que hai unha petición formal do PP, o lóxico sería que fose máis respectuoso, que non correse tanto, e agardase a informar primeiro ao pleno”.

Barreiro considera que hai moitos puntos que aclarar desta viaxe de oito  días a Sudamérica e nese senso informou que na petición que se rexistrou este luns  solicítase “que o Presidente da Deputación de Lugo informe no vindeiro pleno da corporación provincial, sobre os obxectivos que se pretendían con esta viaxe a Sudamérica, e máis que se detallen cales foron os obxetivos acadados”.

Asimesmo reclaman que “se informe sobre as reunións mantidas e con que motivos e, os compromisos acadados por parte das distintas administracións ou institucións participantes nesas reunións”. Xa por último, dende as filas populares, se demanda que se aclare “que persoas, e con que motivos, acompañaron ó Presidente da Deputación  nesta viaxe”.