Partido Popular de Lugo

O GPPP PIDE A REPARACIÓN INMEDIATA DOS ELEMENTOS DE SEGURIDADE DA ESTRADA DE OMBREIRO

Lugo, 15 de setembro de 2008.-  O Grupo Provincial do Partido Popular solicita á Deputación que, de xeito inmediato e en coordinación co concello de Lugo, proceda a corrixir os desperfectos de moviliario e elementos de seguridade da estrada de titulariedade provincial de  Ombreiro.

O voceiro adxunto do GPPP, José María González Barcia, acompañado polos concelleiros populares lucenses Enrique Rozas e Manuel López, comprobaron hoxe o lamentable estado no que se atopan os elementos de seguridade do paseo.
Os populares recriminaron a “nula capacidade de reacción” do goberno da Deputación que “pasa por alto e abandona” o mantemento deste paseo: As pedras, que tirou hai máis dunha semana un vehículo, do muro que separa a calzada do paseo de madera peonil seguen nin se moveon. Tamén a uns metros deste punto aparecen outras pedras derrubadas, por mor doutro accidente, neste caso servían de protección dun talud. Nalgúns tramos os pivotes de cemento que separan a vía do paseo despareceron ou está en moi mal estado.O moviliario tamén precisa dunha revisión, hai tres bancos derruídos na base da ponte nova. 

Para o voceiro adxunto do Grupo Provincial do PP a  lentitude á hora de repoñer estes elementos de seguridade supón un “desprezo absoluto aos cidadáns do concello de Lugo”.
Os populares denuncian “a parsimonia coa que se traballa o bigoberno da Deputación, e neste caso consideran a súa actitude máis grave, xa que é sabido que  son moitos veciños os que utilizan a estrada de Ombreiro para pasear ou para facer deporte. Barcia opina que é “penosa e ben pobre a impresión” que se levan os usuarios que utilizan este paseo, e engade que “o único que pon de relevo é  a total e absoluta ineficacia da Deputación á hora de solucionar problemas”.

Esta petición do Grupo Provincial súmase á reclamación que o Grupo Municipal trasladará á comisión de tráfico para que se adopten medidas de control de velocidade no citado tramo, escenario de numerosos accidentes ao longo dos últimos anos. 

González Barcia considera que esta demora en arranxar algo que realmente leva una mañá é un exemplo máis do “perezoso” que é o novo equipo de goberno da Deputación, especialmente o seu presidente, e do “distraídos” que están algúns deputados provinciais, que non son capaces xa non de actuar con celeridade senon de ver o que non se pode esconder, como é este caso.