Partido Popular de Lugo

EDUCACIÓN MALGASTA 500.000€ EN CONTRATAR UNHA EMPRESA INTERMEDIARIA PARA O PRÉSTAMO DE LIBROS DE TEXTO QUE COMPLICA AÍNDA MÁIS A XESTIÓN DE COLEXIOS E LIBRERÍAS

Santiago, 15 de setembro de 2008.- A Consellería de Educación da Xunta malgastou arredor de 500.000 euros en contratar a unha empresa intermediaria entre pais, colexios e librerías para a xestión do sistema de préstamo de libros de texto. Sen embargo, e a pesar de que os escasos tres meses de traballo implicarán un desembolso de medio millón de euros, a medida complica aínda máis o traballo de profesores e librarías.

A situación foi denunciada esta tarde no Parlamento pola voceira de Educación do Grupo Popular, Manuela López Besteiro. A deputada popular trasladou á Cámara o malestar existente entre a comunidade docente e as librerías dado que a contratación desa empresa por parte de Educación, “lonxe de mellorar situación, complica aínda máis o sistema de préstamo de libros de texto”.

López Besteiro apuntou que as instrucións distribuídas por Educación aos centros de ensino  están “cheas de anexos e modelos a cumprimentar”, que a empresa empezou a enviar talóns aos centros cando estes xa pecharan por vacacións e non libera ao profesorado de efectuar as tarefas de listaxe, clasificación, almacenamento, distribución, revisión e reciclaxe dos libros prestados.

O sistema de xestión elixido pola Consellería de Educación ten sido rexeitado por profesores e directores dos centros, pero tamén por libreiros e editores, que entenden que en lugar de axilizar a xestión, chega a triplicar algúns trámite. A empresa contratada tampouco resolve os problemas de competencia  xerados polas grandes superficies comerciais respecto ás pequenas librarías.