Partido Popular de Lugo

O PP DENUNCIA QUE O 10% DOS MARIÑÁNS QUE SOLICITARON AXUDAS POLA LEI DE DEPENDENCIA XA FALECERON

Ribadeo, 12 de setembro de 2008.- O deputado autonómico José Manuel Balseiro e a senadora María del Carmen Gueimunde denunciaron hoxe que, tras dous anos da entrada en vigor da Lei da Dependencia, “non temos constancia de que ningún mariñán esté a cobrar as axudas que lle corresponden”.

Os representantes populares non dubidaron en calificar de  “vergoñenta” esta situación, máxime se se ten en conta que o 10 por cento das persoas con dereito a recibir estas prestacións xa faleceron. Indicaron a este respecto que están incluso en disposición de facer pública a identidade dunha treintena destas persoas xa que contan coa pertinente autorización dos seus familiares para facelo. 

Anunciaron, de feito, na súa comparecencia de hoxe en Riabadeo que a partir da agora nas Oficias do Deputado de Ribadeo e Viveiro, que foi onde recolleron as denuncias dos cidadáns sobre este particular, ofrecerán a todos os afectados que así o soliciten o asesoramento que precisen a efectos de formular as reclamacións que resulten pertinente e estimen oportunas.  

 

Balseiro e Gueimunde reprocharon ó Goberno central e autonómico non facilitar información real sobre a aplicación da Lei da Dependencia na provincia de Lugo, xa que ou directamente non contestan, como é o caso da Xunta, ou falsean os datos. 

 

Así, segundo puntualizaron, dende Madrid asegúrase que na provincia de Lugo hai 15.229 dependentes con dereito a recibir prestacións, mentres que en Santiago rebaixan a cifra ata os 11.757.  En calquera caso, segundo salientaron, nestes intres só 159 lucenses están a recibir as axudas que lle corresponden.

 

Tanto María del Carmen Gueimunde como José Manuel Balseiro anunciaron que seguirán reclamando datos a este respecto no Senado e no Parlamento galego. Así, Balseiro xa indicou que, dado que dende o mes de xuño está agardando as explicacións da Xunta a este repecto, presentará de xeito inmediato unha interpelación no Parlamento.   

 

OFICINAS DO DEPUTADO.- Os representantes populares tamén indicaron que están gratamente sorprendidos pola gran cantidade de persoas que se achegan ás Oficinas do Deputado da Mariña para interesarse polos máis diversos asuntos e para denunciar situacións como a que se está a producir coa Lei da Dependencia.

Por este motivo e co obxectivo de facer máis operativo o funcionamento das Oficinas, anunciaron que vaise a modificar o horario de atención da ubicada en Ribadeo. Así, a partir de agora permanecerá aberta entre as cinco e as sete da tarde dos venres.

No que respecta á de Viveiro continuará co horario actual, é dicir, dende as 11 ás 13 horas, tamén os venres.