Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR INICIOU AS XUNTAZAS CON COLECTIVOS SOCIAIS PARA FACER FRONTE COMÚN NAS REIVINDICACIÓNS SOBRE O FERROCARRIL

Lugo, a 9 de setembro de 2008.- O Partido Popular, como xa anunciara onte o seu Presidente provincial e voceiro do GPPP José Manuel Barreiro e o congresista e voceiro do GMPP Joaquín García rexistrou hoxe na Deputación unha moción encamiñada a reivindicar o mantenemento e mellora dos servicios ferroviarios de longo percorrido e cercanías, así como a lograr a inversión precisa tendente a mellorar as infraestructuras. Unha iniciativa que se suma as xa presentadas recentemente no Congreso e no Concello de Lugo, e ás que se engadirán próximamente propostas semellantes no resto dos municipios da provincia.

Os populares salientan na moción presetanda na Deputación que é un feito constatado que os servizos de longa distancia que parten de Galicia con destino a Madrid, Cataluña e País Vasco presentan graves deficiencias tanto polos trens, que non dubidan en calificar de obsoletos, como polo tempo que dura a viaxe ou a frecuencia dos servicios.

Un mal panorama que fan extensible a toda Galicia pero que na provincia de Lugo resulta aínda máis notorio, máxime se se ten en conta que Lugo quedou excluida do plan do executivo que lidera Rodríguez Zapatero para que chegue o AVE. 

Mellorar os servizos de longo percorrido e as comunicacións dentro da nosa propia Comunidade, dotándoos de material máis moderno, con máis prestacións, e reducindo progresivamente os tempos de viaxe actuais, ó tempo que se cancelan os plans de supresión de liñas en servizo, son obxetivos da sociedade lucense que deberían ser compartidos e asumidos por todas as institucións e dun xeito significativo por aquelas con capacidade para decidir sobre elo como é o caso do Goberno Central e o Autonómico.

Dado o grave deterioro do que está a ser obxecto o transporte ferroviario de pasaxeiros na nosa provincia, que está a provocar que os potenciais usuarios non o consideren sequera unha alternativa para os seus desprazamentos, coa conseguinte reducción de pasaxeiros, que despois se emprega como argumento para a eliminación de servicios, o GPPP agarda que a proposta sexa respaldada por todos os grupos políticos con representación na Deputación. Ó entender dos populares, todos os partidos deben facer unha causa común para defender o mantenemento e mellora do ferrocarril tradicional en Lugo. 

Unha fronte á que debe sumarse toda a cidadanía. É precisamente neste contexto de suma no que se enmarca o calendario de reunións que os dirixentes populares teñen previsto manter nos vindeiros días con colectivos sociales da máis diversa índole para coñecer de primeira man a súa postura e para lograr acadar unha fronte común cunha reivindicación única e clara: a defensa do ferrocarril. 

Un dos primeiros contactos tivo lugar xa hoxe. Así, o Presidente provincial e voceiro do GPPP José Manuel Barreiro mantivo un primeiro contacto, que segundo indicou terá continuidade, con Adela Figueroa, presidenta da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA). Un colectivo que xa presentou no Concello de Lugo un documento no que fan constar as súas propostas para conseguir este mesmo obxectivo: a revitalización do servicio ferroviario en Lugo.