Partido Popular de Lugo

BARREIRO PREGUNTARÁ Ó GOBERNO QUE POCENTAXE SE INVESTIU XA DOS 190 MILLÓNS DE EUROS PRESUPUESTADOS PARA INFRAESTRUCTURAS EN LUGO

Lugo, a 6 de setembro de 2008.- O senador lucense José Manuel Barreiro interesarase na Cámara Alta polo grao de execución dos orzamentos en infraestructuras previstos polo Goberno para os exercicios 2007 e 2008 na provincia de Lugo. 

Trátase en concreto de proxectos de vital trascendencia para o desenvolvemento da provincia como as autovías ou a alta velocidade que suman en total preto de 190 millóns de euros. 

Así, 15 das 31 preguntas que Barreiro formulou ó Goberno para a súa resposta por escrito fan referencia ós diferentes tramos da Autovía do Cantábrico (A-8), que en conxunto afectan a 89, 2 quilómetros, e supoñen unha inversión prevista de máis de 157 millóns de euros, dos que 87,1 corresponden ó presente ano. 

O senador popular lucense tamén quere saber o grao de execución do tramo Nadela-Tolda de Castilla da A-6 para o que se tiñan consignados algo máis de 10 millóns de euros (6,5 neste exercicio).

A A-72 Monforte-Chantada, a Ronda Oeste de Ribadeo, de 2,5 quilómetros e 2,6 millóns de orzamento; a conexión da A-8 co corredor San Cibrao-Barreiros ou a nova ponte sobre o río Miño en Lugo para á que se adicaban nos orzamentos do Estado de 2007 e 2008 un total de 7 millóns de euros serán outros dos proxectos sobre os que Barreiro quere saber o nivel de inversión executado.

A éstes hai que sumar tamén as partidas consignadas para os proxectos dos seis tramos da A-54 (Lugo-Santiago), que ascenden en conxunto a preto de 3,5 millóns de euros, os oito millóns consignados para a autovía Lugo-Ourense (A-56) e os máis de 0,7 mmillóns para os estudios do AVE Lugo-Ourense, Ponferrada-Monforte e Lugo-A Coruña.