Partido Popular de Lugo

Feijóo afirma que nestes tres anos houbo “moitos proxectos, pouco traballo e ningún feito”

 

Lugo, 5 de setembro de 2008.- Logo de cinco anos de Goberno socialista en Madrid, de tres anos en Galicia e de dez no concello, o único que conseguiu o PSOE é “moitos proxectos, pouco traballo e ningún feito”. Así o puxo de manifesto hoxe, o presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, durante a súa visita á cidade das Murallas. 

O PPdeG subliñou o prexudicial que resulta para Lugo ter no goberno ao Partido socialista, “ata o punto de que Lugo será a única capital de provincia de España que non vai ter AVE”. 

Feijóo desprazouse hoxe á cidade de Lugo e visitou algunhas das localidades da comarca, dentro da campaña “Galicia en voz alta”, que pretende explica ro quen on fixo o bipartito, así como atender as suxerencias da xente de cara a execución do programa electoral do PP de Galicia. 

O presidente dos populares galegos está a visitar a totalidade das comarcas galegas é esta é a novena comarca que visita tras Terra de Lemos, Deza, Valdeorras….. A última visita foi onte a Sarria e a próxima será mañá a Santiago de Compostela.

UNHA CIDADE INCOMUNICADA.- Neste sentido, o Presidente dos populares galegos recordou que “mentres Lugo non teña AVE, Galicia non terá AVE”. Os populares puxeron de manifesto a anulación do AVE Lugo-A Coruña, que leva en redacción de estudio informativo desde agosto de 2003; que o AVE Ourense-Lugo, tamén anulado, leva case cinco anos pendente da Declaración de Impacto Ambiental; que o AVE Trascantábrico desapareceu en Galicia e que da conexión con Castela (AVE Monforte-Ponferrada), nunca máis se soubo.

As autovías se atopan nunha situación moi similar á do AVE, concretamente as autovías Lugo-Ourense, Lugo-Santiago e Lugo-Sarria-Monforte levan catro anos de retraso; e a autovía do Cantábrico acumula retrasos de máis de tres anos.  No tocante ao tema ferroviario, o presidente do PPdeG subliñou a necesidade da posta en marcha dun bo servizo de cercanías, logo de que Renfe anunciase que o Talgo que fai o percorrido A Coruña-Barcelona deixará de pasar pola cidade, a partir de mediados deste mes.

SEN FEITOS DA PALABRA.- A inexistente nova ponte, prometida por José Blanco fai máis de cinco anos, e o auditorio, polo que os lucenses levan esperando ata unha década, son outros exemplos que deixan ao descuberto o valor da palabra dada de Zapatero, José Blanco, Touriño e Orozco. Todos eles levan xa demasiado tempo prometendo, ano tras ano e eleccións tras eleccións, os mesmos proxectos para a cidade e os lucenses non queren palabras senon feitos.

SEN HOSPITAL E SEN POLÍGONO NOVOS.- Os populares galegos amosaron a súa preocupación polos retrasos que está a sufrir a construcción do novo hospital, que farán que non estea listo na data prevista, 2009; e pola situación na que se atopa aa obras do Polígono Industrial das Gándaras, cuias obras levan dous anos de retraso sobre os prazos previstos e no que actualmente só se están facendo movementos de terras. 

Lugo necesita un novo hospital, que reduza as listas de espera, que se viron incrementadas incluso en atención primaria; e un novo polígono industrial, xa que a falla de espacio está a provocar non só que empresas de fóra non podan instalarse na cidade senón que incluso varias industrias lucenses se viran obrigadas a marcharse a outras localidades para poder expandirse.

O saneamento rural, unha nova piscina na zona de Abella, a creación dun instituto de formación profesional en Albeiros, e a creación dun servizo de transporte metropolitano, son outros dos proxectos incumpridos polo Partido Socialista.