Partido Popular de Lugo

O GPPP RECLAMA ANTE A DEPUTACIÓN QUE O GOBERNO INCREMENTE A FINANCIACIÓN ÓS CONCELLOS

Lugo, a 4 de setembro de 2008.- O Grupo provincial do Partido Popular presentou hoxe unha moción na que propón que a Deputación inste ó Goberno central a rexeitar, de xeito contundentemente, a rebaixa da financiación ás administracións locais anunciada recentemente polo Ministro de Economía e Facenda. 

Os populares, de feito, plantexan que, dada a grave crise económica que está a vivir o país, o executivo que lidera Rodríguez Zapatero inclúa nos orzamentos xerais do Estado do vindeiro ano un incremento da transferencia económica que reciben os concellos e que se aborde ademais e de  xeito inmediato a revisión da financiación ás administracións locais. 

O GPPP recibiu con gran preocupación o anuncio de Pedro Solbes de que, debido a crise, os municipios ían dispoñer de menos recursos efectivos no vindeiro exercicio ó reducirse a aportación que reciben das arcas do Estado. 

O voceiro dos populares na Deputación lembra que os concellos veñen reclamando dende hai xa moito tempo unha revisión do seu financiamento e que unha das súas principais demandas é precisamente o incremento dos fondos que reciben do Goberno central. 

Unha reivindicación que, ó entender dos populares, é lóxica e xusta dado que as administracións locais están cada día a asumir a presentación de máis servicios directos ós cidadáns e que en moitos casos, ademais, éstes son de competencia das Comunidades Autónomas ou do propio Estado. 

Para o voceiro do GPPP, dada a presión que están a soportar ós concellos pola súa condición de ser a administración máis próxima ós cidadáns e tamén a que presta unha gran cantidade de servicios directos, reducir de xeito drástico a aportación do Estado ós seus orzamentos non é precisamente a medida máis axeitada para dinamizar a economía e afrontar a crise. 

Insisten os populares en que as administracións locais xa viron reducir de xeito drástico os seus ingresos como consecuencia do desplome da construcción, coa abultada reducción de licencias de obra que esto esta a conlevar, e pola paulatina supresión dalgúns impostos como pode ser o caso do IAE. 

Hai que ter en conta, tamén, recalca Barreiro, as peculiaridades dos concellos da provincia de Lugo como son a súa dispersión territorial e o gran envellecemento da súa pobación.