Partido Popular de Lugo

MEDIO AMBIENTE ABANDONA A PLANIFICACIÓN ORDINARIA E ABUSA DAS OBRAS DE EMERXENCIA PARA SALTAR TRÁMITES E CONTROIS ADMINISTRATIVOS

Santiago, a 27 de agosto de 2008.- A falta de planificación da Consellería de Medio Ambiente leva a este departamento autonómico a deixar de lado a programación establecida e executar gran parte so seu orzamento en función de impulsos persoais e criterios partidistas, abusando das adxudicacións polo procedemento de emerxencia.

O voceiro de Medio Ambiente do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, desvelou hoxe en rolda de prensa que tan só nos primeiros cinco meses de 2008, o departamento que dirixe Manuel Vázquez adxudicou polo procedemento de emerxencia obras hidráulicas valoradas en 19,5 millóns de euros e en todo o ano 2007 empregou para este procedemento preto de 23 millóns de euros.

¿TRATO DE FAVOR?

Tendo en conta que as adxudicacións polo procedemento de emerxencia permiten saltar determinados trámites e controis burocráticos, o PPdeG insta a Manuel Vázquez a explicar cal é a razón do abuso dese procedemento de contratación. De feito, o Grupo Popular vai rexistrar unha iniciativa escrita para pedir copia de todos os expedientes de adxudicación para rastrexar a existencia de  indicios de tratos de favor nos contratos asinados por Medio Ambiente despois de que Manuel Vázquez efectuase adxudicacións directas valéndose do procedemento de emerxencia.

USO PARTIDISTA

O voceiro de Medio Ambiente denunciou asi mesmo o uso partidista destes fondos xa que no ano 2007 máis do 50% das inversións realizadas  por este procedemento (o 34% da inversión da Consellería no 2007 foron polo procedemento de emerxencia) foron realizadas en concellos gobernados ou co-gobernados polo PSOE. “Un 43% destes fondos foron invertidos en concellos gobernados polo PSdeG-PSOE,  o 7% en concellos gobernados por independentes do PSOE, 26% en concellos do BNG e un 22% en concellos do PPdeG” segundo o voceiro popular o que amosa unha desproporción con respecto ao 51,74% de concellos que son gobernados polo PPdeG e que reciben a menor inversión. “O balance fala por si mesmo xa que o PSOE e o BNG gobernan ou participan no goberno no 44% dos concello e acaparan o 77% das inversións na sobras de emerxencia”.

Segundo Jaime Castiñeira “non sei se esto se debe a que os concellos do PPdeG xa teñan suficiente planificación ou que en realidade a Consellería trata de favorecer con inversións aos concellos da súa propia cor política”.

AUSENCIA DE PROGRAMACIÓN

Como exemplo da ausencia de programación na actuación da Consellería de  Medio Ambiente, Jaime Castiñeira, desvelou que Medio Ambiente só está a executar 12 das 20 depuradores previstas para anualidade de 2007, (ver mapa que se axunta) o que se traducirá en novos retrasos no cumprimento das directivas comunitarias sobre calidade das augas. Por se isto fose pouco, a 31 de maio pasado, 5 desas depuradoras (Aguiño, Malpica de Bergantiños, Santa Comba, O Grove e Raxó) aínda nin sequera foran licitadas pola Administración autonómica.