Partido Popular de Lugo

O GPPP DENUNCIA O RETRASO NO DESBROCE DAS VIAS PROVINCIAIS

Mércores, 27 de agosto de 2008.- O GPPP denuncia que  en preto da metade dos concellos da provincia, non se iniciaron os traballos de desbroce das vías provinciais. A estas alturas, este proceso tiña que estar rematado “o habitual era ter listo o traballo a mediados de Xuño e xa levamos dous meses de retraso”.

O portavoz adxunto do GMPP, José María González Barcia, asegurou que este retraso se está a producir non só naqueles concellos nos que a Deputación licitou e adxudicou esta actuación, senón tamén en concellos que optaron pola vía do convenio e asumiron o desbroce das vías provinciais.

Barcia citou concellos como Cervo, Xove, Barreiros, Xermade, Mondoñedo, A Pastoriza, Ribeira de Piquín,  A Fonsagrada e o Caurel como exemplos de concellos nos que o desbroce das vías provinciais non tiña comenzado a día de onte, martes. Noutros, como Ribadeo, comenzaron recentemente. Nestes concellos, os desbroces das vías provinciais son feitos directamente pola Deputación.

No que se refire a concellos que asumiron, por si mesmos, o desenvolvemento desta actuación citar a Taboada; ou outros, como A  Pontenova, que comenzaron hai pouco, tamén os hai, coma o caso de Monforte, onde ainda non se fixo nada.

González Barcia considera que este retraso é culpa da deixadez de Gómez Besteiro e do seu equipo, “a súa despreocupación está a provocar graves complicacións e situacións de risco tanto para o tráfico como para os peóns que utilizan estes viais.  A maleza, que invade non só as cunetas senón tamén as  propias estradas obstaculiza a visión, mesmo chegando a ocultar os sinais de tráfico. Ademais, a presenza de maleza pode mesmo facilitar a propagación de incendios forestais”.

Ademais, o portavoz adxunto do GPPP asegurou que son numerosos os concellos nos que a Deputación non fixo nada para a eliminar as fochas que hai na rede viaria provincial, limitándose a gastar spray na súa sinalización. Así, citou os casos de O Vicedo, Mondoñedo,  Antas, ou Bóveda.

Barcia lembrou que, a estas alturas, ainda non pasou pola Xunta de Goberno ningún proxecto de conservación e mantemento da rede viaria provincial para o presente ano 2008, e todo o que se está facendo pertenece ó exercicio de 2007, e son actuacións que, en materia de mantemento e conservación, foran adjudicadas polo anterior equipo de goberno da Deputación.

Finalmente, os populares consideran que con esta deixadez e falla de compromiso coa provincia, o que se está a facer non é precisamente axudar a millorar a imaxe da provincia, senon todo o contrario, evidenciando tamén as carencias en materia de dedicación e traballo que tén o bigoberno provincial, especialmente a parte socialista.