Partido Popular de Lugo

O GPPP CALIFICA DE ABSURDA A XUSTIFICACIÓN DE VEGA BUJÁN SOBRE AS SÚAS AUSENCIAS NAS XUNTAS DE GOBERNO

Lugo, a 21 de agosto de 2008.- O GPPP lamenta que a vicepresidenta terceira da Deputación, María José Vega, tente xustificar as súas reiteradas ausencias das xuntas de goberno, a desatención, en definitiva, das súas obrigacións como membro do equipo de goberno, alegando un hipotético ataque persoal que non se sustenta sobre ningunha base real e que os populares non dubidan en calificar de absurdo.

O que sí é real, segundo recalcan os populares é que a propia Sra. Vega Buján recoñece, é que encabeza o ranking no número de ausencias nas xuntas de goberno. E si unha pequena parte delas pódense xustificar pola súa baixa por maternidade, a maioría non. Ó  Partido Popular non lle constan tampouco ningunha desas “licenzas concedidas para facer viaxes ó exterior” ós que alude a Vicepresidenta terceira.  

Para o GPPP, Vega Buján debería aclarar as razóns que a levan a non acudir ás xuntas de goberno pero si ós plenos. En principio, para os populares, esa diferencia de criterio só pode entenderse se o que prima á hora de decidir se vai a asistir ou non é asegurar o resultado das votacións.  

Os populares lémbranlle asemesmo a Vega Buján a súa condición de representante político e precisamente porque ostenta un cargo público é obxecto da atención dos grupos políticos da oposición, que teñen como principal cometido a fiscalización das actuacións do equipo de goberno. 

Ese control, salientan dende o GPPP, inclúen a valoración das actuacións dos responsables políticos das que, como é lóxico, forma parte a crítica á xestión e ás decisións que como equipo de goberno ou como integrante del se estimen oportunas.

Os populares engaden que sempre deron mostras da súa defensa da conciliación da vida laboral e familiar como un elemento máis para acadar a igualdade real entre sexos. De feito, a proposta do Grupo provincial popular, segundo salientan, a Deputación de Lugo terá un plano de igualdade, que, tras algunhas matizacións, contou tamén co respaldo do equipo de goberno provincial e que se fará extensible o todos os concellos da provincia.

NULA XESTIÓN EN TURISMO.- O GPPP reitera asemesmo as críticas que ó longo destes meses está a facer da política turística desenvolvida pola Deputación e que é unha área de competencia directa da Vicepresidenta terceira. A súa xestión neste ámbito foi nula. 

Así, do seu Plan Director de Turismo, ademais dun power point, non hai nada. As directrices concretas que se van a levar a cabo e que, en teoría, ían incluir componentes específicos en función das peculiariedades de caza zona, seguen a ser unha incognita.

Tampouco se coñece a estas alturas a existencia dalgún tipo de liña de  subvención en matería turística para os concellos.

O funcionamento dos catamaráns e a promoción das rutas dos encoros deixa tamén bastante que desexar: Deficiente mantenemento dos barcos e tardanza na súa entrada en servicio. Unha demora que é especialmente salientable no caso da botadura do novo monocasco adquirido polo anterior equipo de goberno provincial.

AXUDAS TARDÍAS EN BENESTAR SOCIAL.- No que atinxe ás liñas de axuda na área de Benestar Social dadas a coñecer pola Vicepresidenta terceira, o GPPP considera que a súa presentación fíxose con retraso. Máxime se se compara, por exemplo, coas outras área de competencia do BNG na Deputación como poden ser Cultura e Deportes.

Neste contexto os populares consideran significativo que a principios deste mes estiveran disponibles tanto as bases coma os modelos de solicitude nas áreas anteriormente indicadas, pero non nas de Benestar Social, Igualdade e Xuventude que son da súa competencia directa.